Paau2004 Bioloxia

Páginas: 18 (4432 palabras) Publicado: 2 de noviembre de 2015
24

BIOLOXÍA
Pregunta Obrigatoria. Tódolos alumnos deben responder a esta pregunta aínda que non é eliminatoria.
Valoración: 2,5 puntos.
A figura A da folla adxunta é unha representación esquemática típica dunha célula eucariota. a) Pon nome ás
estructuras sinaladas cun número; b) ¿é unha célula animal ou vexetal?. Xustifica a resposta; c) describe brevemente
a función das estructuras sinaladascos números 1, 2, 9 e 10; d) a figura B da folla adxunta é unha fotografía feita co
microscopio electrónico de transmisión dun dos orgánulos representados na figura A, ¿de que orgánulo se trata? ¿é
posible observalo co microscopio óptico?. Xustifica a resposta.
Bloque I. Das 5 cuestións responde só a 3. Valoración: 4,5 puntos (1,5 puntos por cuestión).
I.1. Os seguintes procesos teñen lugar durantea mitose: a) migración de cromátidas irmáns ós polos, b)
descondensación dos cromosomas, c) organización dos cromosomas no plano ecuatorial do fuso acromático,
d) rotura da envolta nuclear, e) condensación da cromatina para formar os cromosomas, f) reconstrucción da
envolta nuclear, g) formación do fuso acromático. A) Ordéaos cronolóxicamente e indica en qué fase da mitose
ocorre cada un deles.B) Unha célula que vai sufrir meiose contén 44 autosomas (cromosomas non sexuais) e 2
cromosomas sexuais. ¿Cantas células fillas se formarán? ¿Cantos cromosomas terán cada unha das células fillas?
Xustifica as respostas.
I.2. Concepto de antíxeno. ¿Que son as inmunoglobulinas?, ¿por que se producen?, ¿que función teñen?. ¿Que
células producen inmunoglobulinas?, ¿en que órgano ou órganos se producene maduran esas células?
I.3. Define: nucleósido, nucleótido, nucleoplasma, nucleolo, nucleosoma.
I.4. ¿Qué proceso bioquímico representa a seguinte reacción?
C6H12O6 + 6 O2 → 6 CO2+6 H2O+ enerxía (ATP)
Indica brevemente en qué consiste a glucolise, o lugar da célula onde se realiza e si é un proceso aerobio ou
anaerobio. ¿É a gluconeoxénese o proceso inverso da glucolise?. Razoa a resposta.
I.5.(Para os alumnos que aprobaron Bioloxía durante o actual curso académico 2003/04). Para un determinado
carácter hereditario, escribe o xenotipo de: a) un individuo da liña pura dominante; b) un individuo homocigótico
recesivo; c) un individuo heterocigótico; d) os descendentes do cruzamento entre a) e b); e) os descendentes do
cruzamento entre b) e c)
I.5. (Para os alumnos que aprobaron Bioloxíadurante o curso 2002/03 ou anteriores). Indica as diferencias entre
a estructura secundaria en alfa-hélice e en lámina pregada das proteinas. Características da estructura terciaria.
Bloque II. Dos dous grupos de termos elixe un e agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos
relacionados. Valoración 1,5 puntos.
II.1. VIH, fotosíntese, colesterol, replicación, disolvente, hormonas, ADN,soluto, ATP y NADPH, retrovirus,
esteroideas, SIDA, semiconservativa, fase luminosa, membrana semipermeable
II.2. ADN, cápside, catión, fase escura, lactosa, replicación, cuberta proteica, fase S, sacarosa, ion, disacáridos,
fotosíntese, virus, carga positiva, fixación do CO2
Bloque III. Das 20 preguntas de Verdadeiro/Falso hai que responder só a 15. As respostas erróneas puntúan
negativamente.Valoración: 1,5 puntos. Non escribir as respostas nesta folla.
1. A estructura básica das membranas celulares é unha bicapa de proteínas con fosfolípidos insertados
2. O amidón é o compoñente básico das paredes celulares vexetais
3. Os enzimas incrementan a velocidade das reaccións
4. O ARN ribosómico utilízase como molde na síntese de proteínas
5. Segundo o código xenético, cada aminoácidoespecifícase por un codón que consta de tres nucleótidos
6. Os ions son transportados a traverso das membranas celulares por proteínas de transporte
7. Os retrovirus sintetizan ADN a partires de ARN mediante a transcriptasa inversa
8. Nun microscopio, o condensador e a lente que concentra os raios de luz sobre a mostra
9. As partículas F das crestas mitocondriais son complexos de ATP-sintetasas
10. A...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • bioloxia
  • Bioloxia procariotas
  • Grao En Bioloxía
  • Bioloxía
  • Paau2001 Bioloxia
  • Paau2007 Bioloxia
  • Paau2002 Bioloxia
  • Paau2003 Bioloxia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS