Paau2005 Bioloxia

Páginas: 13 (3071 palabras) Publicado: 2 de noviembre de 2015
24

BIOLOXÍA
Pregunta Obrigatoria. Tódolos alumnos deben responder a esta pregunta aínda que non é eliminatoria. Valoración:
2,5 puntos.
a) ¿A que grupo de biomoléculas pertencen as estructuras X, Y, Z representadas na figura adxunta? b) Indica en cada
caso os compoñentes moleculares que as forman. c) Explica o tipo de enlace que se estable entre ditos compoñentes
d) Comenta algunha das funciónscelulares de cada unha desas biomoléculas.
Bloque I. Das 5 cuestións responde só a 3. Valoración: 4,5 puntos (1,5 puntos por cuestión).
I.1. Define: telómero, centrómero, cromátida, cariotipo, cromosomas homólogos.
I.2. a) Unha vez que o sistema inmunitario dunha persoa recoñece por primeira vez un antíxeno, ¿qué tipo de resposta
se produce? b) ¿e nun segundo contacto co antíxeno? c) Explica cadaunha delas.
I.3. a) Enumera e resume en catro puntos os principios da teoría celular moderna. b) ¿Con qué tipo de microcopio se
pode observar: unha célula vexetal, unha célula animal, unha bacteria, a grana dun cloroplasto, unha mitocondria, un
virus, os ribosomas?
I.4. a) Fai un esquema da molécula de ADN segundo o modelo de Watson e Crick indicando cada un dos seus
compoñentes. b) ¿Cómo se atopacodificada a información xenética? C) ¿Qué son os fragmentos de Okazaki, a qué
proceso biolóxico os asocias, e qué encimas interveñen na sua formación?
I.5. (Para os alumnos que aprobaron Bioloxía durante o actual curso académico 2004/05). A cor das frores da
planta dondiego de noite é un caso de herdanza intermedia. Si cruzamos dúas razas puras, unha de frores brancas con
outra de froresvermellas obteremos unha primeira xeración F1. a) Indica o xenotipo e fenotipo da F1. b) O xenotipo e
fenotipo da F2 e en que proporcións aparecen as frores vermellas e brancas na F2. c) ¿Qué resultados terás ao cruzar
a F1 con cada unha das suas parentais?.
I.5. (Para os alumnos que aprobaron Bioloxía durante o curso 2002/03 ou anteriores). a) No proceso de secreción
das proteínas ¿qué orgánuloscitoplasmáticos interveñen? b) ¿En cal deles se inicia a síntese de proteínas? c) ¿Qué é
un lisosoma? d) Indica cal é a sua función.
Bloque II. Dos dous grupos de termos elixe un e agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos relacionados.
Valoración 1,5 puntos.
II.1. celulosa, anticorpos, peptidos, xen, vexetal, encima, reposta humoral, reacción, locus, homopolisacárido, enerxía
de activación,hidrólise, cromosoma, aminoácidos, linfocitos B.
II.2. luz, bacterias, mitocondrias, enerxía, α-D-glucosa, timo, amidón, circular, bazo, cloroplastos, ADN, linfoides,
glucóxeno, fotosíntese, ATP.
Bloque III. Das 20 preguntas de Verdadeiro/Falso hai que responder só a 15. As respostas erróneas puntúan
negativamente. Valoración: 1,5 puntos. Non escribir as respostas nesta folla.
1) Os organismosanaerobios viven en ambientes sin oxíxeno
2) Os bioelementos son elementos químicos que forman parte dos seres vivos
3) Os isómeros teñen idéntica composición química e idéntica estructura molecular
4) A replicación do ADN é conservativa
5) Os promotores son secuencias de ARN ás que se unen as ARN polimerasas
6) A celulosa e a quitina son polisacáridos estructurais
7) As inmunoglobulinas sonproteínas globulares
8) A inxestión de partículas sólidas a traveso da membrana plasmática por medio de vesículas chámase pinocitose
9) Nos procesos anabólicos consúmese ATP
10) Os encimas de restrición cortan o ADN
11) A insulina podese obter a partires de bacterias modificadas xenéticamente
12) Os prións son microorganismos formados por proteínas e ARN
13) Os esteroides poden ser precursores devitaminas e hormonas
14) A tradución dos ARN mensaxeiros ten lugar no núcleo
15) Nos ribosomas prodúcese a transcrición
16) Os antíxenos son sustancias capaces de inducir unha resposta inmune
17) O interferón ten actividade antiviral
18) O etanol do viño procede da fermentación da glucosa da uva
19) O colesterol transportase no sangue unido a lipoproteínas
20) O código xenético é dexenerado porque un...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • bioloxia
  • Bioloxia procariotas
  • Grao En Bioloxía
  • Bioloxía
  • Paau2001 Bioloxia
  • Paau2007 Bioloxia
  • Paau2004 Bioloxia
  • Paau2002 Bioloxia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS