PATRIMONIO HISTÓRICO DE CERPONZÓNS

Páginas: 5 (1064 palabras) Publicado: 1 de noviembre de 2015
PATRIMONIO HISTÓRICO DE CERPONZÓNS
San Vicente de Cerponzóns é unha parroquia situada a uns seis quilómetros do centro de Pontevedra, na cal podemos atopar cantidade de patrimonio histórico do século XVIII. Este século non deixou moitas pegadas en Galicia en comparación con outros lugares de España, polo abandono dos reis de Castela e pola perda de calado do río Lérez, que dificultou asrelacións comerciais.
A pesar disto, consérvanse moitos vestixios deste tramo na historia:
HÓRREOS
157734064452500Unhas das construcións do século XVIII que podemos atopar por Cerponzóns son os hórreos. Orixinalmente, estes eran empregados para secar diversos cereais antes de moelos, aínda que despois usouse de outras maneiras, por exemplo, para almacenar sementes.
Aquí temos uns dos hórreos quehai en Cerponzóns. Este en concreto podemos atopalo nas proximidades da igrexa. Ten cinco pares de pés, que elevan o que chamamos cámara, na cal vemos as típicas rañuras verticais que permiten a renovación do aire no interior do hórreo. Como pode verse, está feito de pedra, cun teito de madeira cuberto por tella.
Podemos observar tamén un crucifixo e un pináculo nos extremos do teito. A cruz tiñaa función de espantar aos malos espíritos, mentres que o pináculo tiña simplemente unha función decorativa.
POMBAIS
270764071040600Os pombais eran construcións empregadas para criar pombas, xa que eran unhas aves moi útiles: algunhas servían como alimento, as chamadas pombas mensaxeiras tamén eran de gran utilidade, e os seus excrementos podían chegar a ser un abono de moi boa calidade.6470659588500
Nas imaxes vemos un pombal situado, coma o hórreo, nas proximidades da igrexa, e o detalle do seu interior. Os primeiros escritos que atopamos sobre esta construción son de principios do século XVIII,e falan do pombal a pleno rendemento, polo que é posíbel que haxa sido construído algún tempo antes.
PONTES
En Cerponzóns temos unha ponte baixo a cal pasa o río Rons. Foi construído no s.XVII por mor da nivelación do camiño que unía Pontevedra con Santiago de Compostela, e a súa construción foi financiada e promovida por membros do clero, co cal vese un importante interese por parte da Igrexa en conectar as dúas cidades. Posiblemente querían facelo para relacionarse dalgunha maneira coa Catedral de Santiago e gañaren así visitas que impulsarían a economía.
46240707937500OLEGARIO
Os legarios eran, digamos, marcas, normalmente situadas no lado dereito dos
camiños, que sinalaban as leguas que percorrera un camiñante ou un xinete
(unha legua era aproximadamente a distancia que podía percorrerse nunha
hora a pé). No quilómetro 114, en Cerponzóns, hai un un tanto atípico: ten unha
base cuadrangular e ao seu reloxo de sol fáltalle o gnomon, é dicir, a peza
horizontalque sobresae nos reloxos de sol.
A súa construción débese ao mesmo motivo que a construción da ponte do río
Rons mencionada anteriormente.
A IGREXA
-5627671904900A igrexa desta parroquia está dedicada a San Vicente mártir, do que se di foi torturado ata a morte e o seu corpo, abandonado nun estercoleiro, onde uns cristiáns puideron ver como un can o protexía dos corvos (este é o motivo polocal adóitase representar a este santo cun can e cun corvo aos pés). Esta edificación data do s. XI, é de estilo románico, sobrio, con pouca iluminación e arcos de medio punto. Como calquera igrexa cristiá, a súa planta ten forma de cruz orientada ao leste, por onde sae o Sol. A súa construción empregou moito tempo, pois aínda no XVIII seguiu en proceso:
-Do 1677 ao 1710 edifícase a tribuna, ondeos fieis poden tomar asento cando van a misa, a capela do retablo de San Antonio, e a sancristía, onde o párroco pode gardar os bártulos necesarios para a misa.
4545330-10922000-En 1716, e ata 1732, mándase arranxar a tribuna e facer unha bufarda.
-No ano 1735 mándanse tapar as gretas e manchas das paredes da igrexa, obra
na que participaron moitos veciños e que custou 510 reais.
-1737,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Patrimonio historico
  • patrimonio historico
  • Patrimonio Historico
  • Patrimonio historico
  • patrimonio historico artistico
  • Patrimonio del centro historico
  • Cone, Patrimonio Histórico Guayasense
  • Patrimonio histórico-cultural

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS