Platón

Páginas: 38 (9368 palabras) Publicado: 22 de octubre de 2012
Historia da Filosofía.
TEMA 1. FILOSOFÍA ANTIGA: PLATÓN.




| |
|MARCO HISTÓRICO E CONCEPTUAL: |
|.A formación da polis grega.|
|.Antecedentes presocráticos: Heráclito, Parménides, Anaxágoras. |
|.Os sofistas e Sócrates |
||
|PLATÓN: |
|. A teoría platónica das ideas: |
|- Mundo sensible e mundo intelixible|
|- Graos de coñecemento |
|. A concepción política : |
|- Antropoloxía platónica.|
|- Vinculación da alma á cidade |




A FORMACIÓN DA POLIS GREGA


Os gregos non conformaron nunca unha unidade política, nunca foron un Estado Grego, aínda que a existencia dunha lingua e dunha relixión comúns para todos os grecoparlantes,os lazos culturais que unían ás diferentes comunidades gregas, conformaba unha identidade colectiva, a Hélade, palabra que os gregos utilizaban para describir todo aquilo que os definía como nación e os distinguía dos pobos estranxeiros. A razón desta división política radica nas Polis. Os gregos dividíronse en pequenas comunidades que a partir do século VIII a.C. evolucionaron ata converterse enCidades-Estado totalmente independentes, con goberno, leis e exércitos propios, pero que compartían características culturais comúns. A accidentada xeografía do país contribuíu de forma decisiva neste proceso de fragmentación política, posto que a maior parte dos asentamentos situáronse en territorios costeiros de difícil acceso e en vales rodeados por escarpadas montañas.
Nos seus inicios asdiferentes Cidades-Estado estiveron dominadas por monarcas ou caudillos militares que en moitos casos tamén exerceron a autoridade relixiosa e xudicial. Pero a mediados do século VII a.C., o goberno de tipo oligárquico impúxose progresivamente sobre o monárquico, o poder político pasou a mans de asembleas formadas por representantes das familias locais máis ricas e influentes. Os membros da clasedirixente -que se referían a eles mesmos como "os mellores" (aristoi)- detentaban o poder económico ademais do político. O pobo gobernado -o demos- só participaba na vida pública cando era requirido pola asemblea aristocrática e, deste xeito, quedaba á marxe de calquera responsabilidade política.
Este sistema aristocrático lexitimábase na tradición e na existencia de círculos de parentescohereditarios. Pero co paso do tempo diferentes factores confluíron para desestabilizar a orde política e social existente. En primeiro lugar, a consolidación do comercio e da artesanía como actividades xeradoras de riqueza fixeron prosperar a cidadáns que non pertencían ás grandes familias e que tamén quixeron participar no goberno. En segundo lugar, a necesidade de recrutar continuamente soldados,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Platon
  • Platon
  • Platon
  • Platon
  • Platon
  • Platon
  • Platon
  • platon

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS