poesia selectivodade galeglo

Páginas: 13 (3246 palabras) Publicado: 7 de febrero de 2015
GALICIA ENTRE 1936 E 1976

Desde 1936 deica 1975 Galicia viviu o conxunto de cirscunstancias derivadas da ditadura franquista xurdida como consecuencia da sublevación militar contra a II República e a conseguinte Guerra Civil.
Coa fin da guerra abriuse una longa postguerra cuxos efectos van perdurar ata mediados dos anos 50 e mesmo deica entrada a década de 1960. Esta primeira etapacaracterízase polo estancamento, e mesmo o retroceso, da sociedade no seu conxunto. A represión exercida polo réxime unida ás difíciles condicións de vida fornece a imaxe dunha España e dunha Galicia illada do mundo moderno e na que a preponderancia social correspondía ás forzas máis reaccionarias.
Non obstante, como consecuencia, dunha banda, do enfrontamento entre as potencias occidentais e a UniónSoviética e os seus aliados e, doutra, dos afáns do franquismo por ser admitido na esfera internacional, a partir de mediados da década de 1950 comezan a rexistrarse certos síntomas de apertura.
Xa na década dos sesenta asistimos a un proceso de cambios económicos provocados polo proceso de urbanización do conxunto social ao tempo que tiña lugar una penetración dos novos medios de comunicación demasas que supuxeron una mudanza nos costumes e usos tradicionais.
A morte do xeneral Franco en 1975 ía traer consigo una nova etapa que se caracterizaría pola apertura ao proceso democrático e pola definitiva modernización da sociedade.

1.Os cambios socioeconómicos

A política económica levada adiante polo franquismo na postguerra vai significar una defensa dos grandes intereses daoligarquía terratenente que era o predominante en Galicia. Deste xeito, o proceso de relativa modernización vivido no primeiro terzo do século XX quedou completamente estancado. Semellante feito determinou que Galicia entrase nun proceso de re-ruralización.
A partir da década de 1950 rexistramos una forte expansión do sector eléctrico. Porén, se ben esta situación propiciou a creación dunha certa basefinancieira.
Será xa na década dos anos 60 cando asistamos a una verdadeira transformación da economía española que se vai integrando no modelo capitalista occidental. Os investimentos estranxeiros, o grande impulso do sector turístico e as remesas de divisas achegadas polos emigrantes dos países europeos serviron para levar adiante un proceso que tamén se amosou en Galicia. A industrialización dafranxa costeira levou a unha tendencia cara á urbanización ao tempo que se asiste a un descenso e envellentamento da poboación labrega. Con todo, o crecemento industrial non incidiu nun pleno desenvolvemento para Galicia que segue sendo provedora de materias primas e de man de obra barata.
O resultado de todo este conxunto de factores contraditorios determinou cambios na composición dasociedade galega que se ve incorporada decisivamente ao conxunto español e aínda aos modelos dunha nova cultura de masas. A escolarización masiva en castelán e a presenza crecente dos medios de comunicación únicamente nese idioma provocaron unha desgaleguización da sociedade e unha deterioración do sistema lingüístico. Tan só a partir da década de 1970 asistiremos a unha contestación diante dos modelossocioculturais imperantes.


2.O contexto político

A sublevación militar contra a República supuxo a represión sobre as persoas e organización democráticas e sobre calquera posibilidade de galleguismo político. Deste xeito, aqueles que non foron asesinados tiveron que fuxir cara ao exilio; outros organizáronse en guerrillas de resistencia antifascista agardando que a fin da II Guerra Mundialsupuxese unha intervención das democracias occidentais contra o réxime de Franco. Iníciase, pois, unha resistencia que no exterior conta co apoio político dos exiliados. Alí a través do Consello de Galiza conseguirase a aprobación do Estatuto de Autonomía por parte das cortes republicanas reunidas en México.
Mais as circunstancias da Guerra Fría e a aceptación internacional do franquismo...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Poesía "La Poesía
  • Poesia
  • Poesia
  • Poesia
  • Poesia
  • Poesia
  • Poesia
  • Poesias

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS