portada geografia

Páginas: 96 (23933 palabras) Publicado: 7 de mayo de 2014
TEMA I
LIBERDADE, IGUALDADE, SOLIDARIEDADE

Introdución.
A modernidade eclosiona políticamente coa Revolución Francesa e os políticos revolucionarios consideraron que o lema da revolución debía estar constituído por tres palabras, tres valores, que sintetizan a expresión política da onda transformadora impulsada dende a crenza no poder da razón e do progreso: Liberdade, Igualdade eFraternidade.
Substituímos o termo fraternidade polo de solidariedade porque este denota de xeito mais preciso os contidos que abrangue e está incorporado plenamente ao acervo significativo actual, mentres que aquel soa, hoxe, estraño, con connotacións de sociedades secretas.

Texto de Aristóteles.
Cando un é inferior aos seus semellantes, tanto como o son o corpo respecto da alma e o bruto respectodo home, e tal que é a condición de todos aqueles nos que o emprego das forzas corporais é o mellor e único partido que pode sacarse do seu ser, ese é escravo por natureza. Estes homes, así como os demais seres de que acabamos de falar, non poden facer cousa mellor que someterse á autoridade dun señor; porque é escravo por natureza o que pode entregarse a outro; e o que precisamente lle obriga afacerse doutro é non poder chegar a comprender a razón senón cando outro o a mostra, pero sen posuíla en se mesmo.
ARISTÓTELES: Política, Libro Primeiro, Capítulo II
Cuestións:
a) Significado das expresións en negriña.
b) Tese que defende o autor.
c) Argumentos que utiliza.

1.- A liberdade.
1.1.-A xeito de introdución:
O termo liberdade fai referencia a capacidade dos seres humanos deelixir, de tomar decisións e levalas a cabo. Esta capacidade non é ilimitada (non existe a liberdade de acadar tres metros de estatura, de percorrer cen metros en tres segundos ou de coñecer todos os números de teléfono do mundo...), polo que hai que situala dentro do ámbito humano de actuación.
Son os seres humanos libres de elixir dentro do marco do que está ao seu alcance? Existen pensadores(determinismo) que afirman que homes e mulleres actúan como mecanismos previamente programados, outros (Kant) sosteñen que son libres porque sen liberdade non existe moralidade e outros (Sartre) que a liberdade e o que os define, que “están condenados a ser libres”.

Texto de Skinner:
O concepto no que penso é o de liberdade política, o grao de liberdade [freedom ou liberty] para a acción de que osaxentes individuais dispoñen dentro dos límites que lles impón a súa pertenza a unha sociedade política. O primeiro que debe observarse é que, entre os filósofos de fala inglesa da actualidade, a discusión deste tema deu lugar a unha conclusión que dispón dun grao de aceptación notablemente amplo. É a de que -para citar unha fórmula debida orixinariamente a Bentham e difundida recentemente porIsaiah Berlin- o concepto de liberdade é esencialmente un concepto "negativo". Isto é, dise que a súa presenza está sinalada pola ausencia dalgunha outra cousa; especificamente, pola ausencia dalgún elemento constritivo que inhiba ao axente de poder actuar de xeito independente na prosecución dos fins que o elixiu. "
SKINNER QUENTIN: "A idea de liberdade negativa: perspectivas filosóficas ehistóricas" PÁX. 228, en AA. VV.: A filosofía na historia. Paidós. Barcelona. 1990.
Cuestións:
a) Significado das expresións en negriña.
b) Tese que defende o autor.
c) Argumentos que utiliza.

1.2.- Liberdade negativa:
Os homes e as mulleres viviron sempre en sociedade. Este é un feito que a historia da humanidade pero tamén a prehistoria permiten constatar, polo que se pode afirmar (sen pararna análise das causas) que o ser humano é un ser social.
A vida en sociedade pon obstáculos ao exercicio da liberdade humana, limitacións que varían dunha sociedade a outra, tanto xeográfica como históricamente.
Se se entende a liberdade como a capacidade de elixir, os límites que experimenta no contexto da vida en sociedade levan a algúns pensadores a salientar o concepto de liberdade...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Portada
  • Portada
  • portada
  • portada
  • Porta
  • portada
  • la porte
  • porter

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS