PREGUNTA_TEORICA_tema_1

Páginas: 6 (1429 palabras) Publicado: 5 de octubre de 2015
PREGUNTA TEÓRICA. TEMA 1:
“FORMACIÓN E EVOLUCIÓN XEOMORFOLÓXICA DA PENÍNSULA IBÉRICA E DAS ILLAS
CANARIAS. TIPOS DE UNIDADES MORFOESTRUCTURAIS.
- Formación e evolución xeomorfolóxica da Península ibérica e das illas (da era arcaica ao
glaciarismo cuaternario)
- Tipos de unidades: zócolo, macizos antigos, cordilleiras de pregamento, cuncas
sedimentarias”
FORMACIÓN E EVOLUCIÓN XEOMORFOLÓXICA DAPENÍNSULA IBÉRICA E DAS ILLAS
O relevo actual da Península é o resultado dunha historia xeolóxica de millóns de anos na que se
alternaron fases oroxénicas con outras de calma, nas que predominou a erosión e a sedimentación.
a) Durante a era arcaica ou Precámbrico (4.000-600 millóns de anos) emerxeu do mar unha banda
arqueada de noroeste a sueste, formada por lousas e gneis, que comprendía case todaa actual Galicia.
Tamén xurdiron elevacións nalgúns puntos illados do Sistema Central e dos Montes de Toledo. Este
macizo precámbrico foi arrasado posteriormente pola erosión e cuberto case na súa totalidade polos
mares paleozoicos.
b) Na era primaria ou Paleozoico (600-225 millóns de anos) tivo lugar a oroxénese herciniana. Dos
mares quecubrían a maior parte da Península xurdiron ascordilleiras hercinianas, formadas por
materiais como o granito, lousa e cuarcita. Ó oeste elevouse o Macizo Hespérico, arrasado pola erosión
durante a mesma era primaria e convertido en zócalo ou meseta inclinada cara ó Mediterráneo. Ó
noroeste apareceron os macizos de Aquitania, Catalano-Balear e do Ebro, e ó sueste, o Macizo BéticoRifeño. Todos eles foron tamén arrasados pola erosión e durante a eraprimaria convertidos en zócolos.
c) A era secundaria ou Mesozoico (225-68 millóns de anos) foi un período de calma no que
predominaron a erosión e a sedimentación. Continuou o aplanamento das cordilleiras hercinianas. A
inclinación do zócolo da Meseta cara ó Mediterráneo permitiu, nos períodos de transgresión mariña,
unha fonda penetración do mar, que depositou no seu bordo oriental unha coberteranon moi potente
de materiais sedimentarios plásticos (calcaria, arenisca, marga). Tamén se depositaron enormes
espesuras de sedimentos en fosas mariñas situadas nas actuais zonas pirenaica e bética.
d) Durante a era terciaria (68-1,7 millóns de anos) produciuse a oroxénese alpina. Como resultado
desta:
- Levantaronse as cordilleiras alpinas, ó pregarse os materiais depositados nas fosas pirenaica ebética
entre os macizos antigos, que actuaron como topes. Xurdiron os Pirineos entre os macizos de Aquitania,
Hespérico e do Ebro (que acabou afundíndose), e as cordilleiras Béticas, entre os macizos Bético-Rifeño
e o Hespérico.

1

- Formáronse as depresións prealpinas paralelamente ás novas cordilleiras, e entre estas e o macizo
antigo: a depresión do Ebro, paralela ós Pirineos, e a doGuadalquivir, paralela ás Béticas.
- A Meseta viuse afectada pola oroxénese alpina. En primeiro lugar pasou a inclinarse cara ó Atlántico,
determinando a orientación cara a este océano de boa partedos ríos peninsulares. En segundo lugar
formáronse os bordos montañosos da Meseta. No seu bordo oriental pregáronse os materiais plásticos
depositados polo mar na era secundaria, orixinando a parte orientalda cordilleira Cantábrica e o
Sistema Ibérico. No bordo sur da Meseta, o empuxe das cordilleiras Béticas levantou Serra Morena. Por
último, o zócolo da Meseta, formado por materiais paleozoicos ríxidos, experimentou fracturas e fallas.
Estas últimas deron lugar á chamada estructura xermánica, constituida por bloques levantados ou
rexuvenecidos (horst) e bloques afundidos (fosas tectónicas ougraben). Os bloques levantados
formaron o Macizo Galaico e as serras interiores da Meseta (Sistema Central e Montes de Toledo), e os
afundidos crearon as depresións interiores ou concas sedimentarias da Meseta (as das submeseta norte
e sur). As fallas tamén deron lugar á actividade volcánica en zonas como o Campo de Calatrava, OlotAmpurdán e cabo de Gata.
A partir dos movementos oroxénicos alpinos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS