Rosalía de Castro

Páginas: 8 (1788 palabras) Publicado: 7 de mayo de 2015
3. ROSALÍA DE CASTRO


1. INTRODUCIÓN

Na segunda metade do século XIX, o lento agromar da conciencia nacional como resposta aos males do país –explotación, marxinación, atraso económico e emigración– medra parello á reivindicación lingüística, de xeito que o simple emprego do galego constitúe unha clara opción ideolóxica.
E a mellor maneira de prestixiar un idioma é utilizalo como vehículodunha grande obra literaria. Isto acontece cando Rosalía rompe a cantar. O seu primeiro libro, Cantares galegos, constitúe un canto colectivo, artisticamente logrado, que serviu de espello dignificador á comunidade galega. Pero ademais, Rosalía, no seu segundo libro de poemas en galego, Follas novas, creou unha poética de gran profundidade, que utiliza o símbolo para expresar a plurisignificaciónpropia da máis alta poesía. Rosalía incorporábase así á historia da literatura universal.
Hoxe é a figura central da nosa literatura, mitificada polo pobo galego é obxecto dunha abundante bibliografía no estranxeiro.


2. VIDA E OBRA

Rosalía de Castro nace en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837. A súa nai era unha fidalga solteira e o seu pai un membro do clero. Nun primeiro momento,Rosalía estará baixo a custodia da súa tía paterna na aldea de Ortoño. A estes primeiros anos debe Rosalía o coñecemento e a vivencia do mundo rural galego: lingua, crenzas, costumes, cantigas... que tantísimo peso ha ter en Cantares galegos.
Polo ano 1850 trasládase coa nai a Santiago, onde estudará música e debuxo. Nestes anos tamén participa en actividades culturais organizadas polo Liceo de laJuventud e toma contacto coa mocidade intelectual da Compostela da época (Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre...).
En 1856 Rosalía vai vivir a Madrid. Aí publica o seu primeiro libro de poemas, La flor, e coñece a Murguía, con quen casa a fins de 1858.
Na década 1860-1870 o matrimonio pasará por diversas dificultades (morte de dous fillos de curta idade, apuros económicos, problemas de saúde de Rosalía,continuos desprazamentos a causa do traballo de Murguía...), é nesa época cando Rosalía escribe Cantares galegos, os máis dos poemas de Follas novas e o Conto galego. Tamén escribe nestes anos a maioría das novelas en castelán.
En 1871 volve a Galicia. Reside na Coruña, en Santiago, en Lestrove e logo en Padrón. Alí, ennegrecidos os seus derradeiros anos, escribe En las orillas del Sar, unha dasobras cume da literatura española, na que atopamos unha visión desolada do mundo, marcada pola infelicidade e a desesperanza como trazos esenciais da existencia humana.
Morreu na súa casa da Matanza o 15 de xullo de 1885. Os seus restos serían trasladados anos máis tarde á igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago.


3. CANTARES GALLEGOS (1863)

A publicación de Cantares gallegos, en 1863,supón o inicio do Rexurdimento pleno. Un século despois, a data do 17 de maio dese ano, que figura na dedicatoria do libro será a elixida para conmemorar o “Día das Letras Galegas”, en recoñecemento ó gran valor simbólico desta obra.

3.1. INTENCIÓN E COMPOSICIÓN

Rosalía compón o libro en forma de glosas de cantares ou ditos populares, poñendo “o maior coidado en reproducir o verdadeiro espírito donoso pobo”, mediante unha poesía sinxela, popular, en simbiose coa cosmovisión dos labregos, que constituían a inmensa maioría da poboación de Galicia do século XIX. Rosalía, en perfecta comuñón ideolóxica e estética coas clases populares, consegue expresar de forma auténtica e coherente a voz colectiva do país.
Pero a actitude que ateiga o libro é reivindicativa. A exaltación dos costumes galegose a protesta da desconsideración coa que os galegos son tratados, leva consigo unha actitude de reivindicativa nacional, de denuncia colectiva do noso país. Esta reivindicación pódese observar mesmo nos cadros de costumes máis idílicos, nos versos máis aparentemente acríticos.


3.2. ESTRUTURA E VOCES

O libro, constituído por 36 poemas, presenta unha estrutura enmarcante, xa que comeza cunha...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Rosalia de Castro
  • Rosalia de castro
  • Rosalia de Castro
  • rosalia de castro
  • Rosalía de castro
  • Rosalia de Castro
  • ROSALÍA DE CASTRO
  • rosalia de castro

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS