Sexenio Democrático

Páginas: 5 (1206 palabras) Publicado: 25 de enero de 2014
SEXENIO DEMOCRÁTICO
Entre 1866 e 1868 a monarquía de Isabel II entrou nunha profunda crise, que conduciría ao exilio da raíña. Foi motivada por: os problemas económicos, crise internacional do capitalismo, crise da industria téxtil catalá e dous anos de malas colleitas (1867-1868), deron lugar a revoltas nas cidades e no campo; malestar político, o autoritarismo dos gobernos moderadosprovocaron matanzas que, como as da noite de San Daniel, distanciaron á burguesía e aos militares do réxime; a continua inxerencia da raíña nos asuntos de goberno, xunto coa súa vida escandalosa (se lle adxudicaban amantes fora do matrimonio), restoulle popularidade.
Neste contexto, progresistas, demócratas e republicanos asinaron o Pacto de Ostende (cidade belga) en 1866, no cal acordaron a expulsión dosBorbóns e a democratización da vida política.
O 17 de setembro de 1868, prodúcese a Revolución “A Gloriosa”, un pronunciamento para destronar a Isabel II. A armada española atracada en Cádiz sublevouse ó berro de ¡Viva España con honra!, o levantamento militar estendeuse con revoltas populares en todo o país, ao berro de “Morran os borbóns” e organizaron Xuntas Revolucionarias locais.
Nodoc.1, título, recolle as reclamacións dos revolucionarios que se fan referencia ás liberdades e dereitos políticos: … Estas Xuntas controlaron cidades e provincias e estableceron milicias coñecidas como Voluntarios da Liberdade.
As tropas isabelinas foron derrotadas por Serrano na batalla da ponte de Alcolea (Córdoba). Tras esta batalla, Madrid sumouse ao levantamento e Isabel II marchou ao exilio enFrancia. A revolución triunfou rapidamente e espertou as esperanzas populares de cambio, pero tamén o receo da oligarquía. Comeza o Sexenio democrático, período no que por primeira vez España organízase de forma democrática.
Tras o triunfo da revolución, para evitar o espallamento das ideas republicanas, constitúese un Goberno Provisional presidido polo xeneral Serrano. Estaba integrado pormembros da Unión Liberal, progresistas e demócratas. O novo goberno substitúe as Xuntas revolucionarias por concellos democráticos e disolveu e desarmou aos Voluntarios da Liberdade para estabilizar o novo réxime. Así mesmo, as demandas revolucionarias citadas anteriormente no Doc. 1, tomaron forma de decreto: decreto de liberdade de ensino e de reforma do ensino, decreto de liberdade de imprenta,supresión do imposto de consumos, sufraxio universal nas eleccións municipais (decembro de 1868), e as Cortes (xaneiro de 1869)…, se ben, hai que dicir, que só recollían as aspiracións da burguesía polo que o desinterese polas reformas sociais amosado polo goberno provisional, provocou un afastamento entre os demócratas partidarios da monarquía e os da república federal.
Finalmente, este gobernoProvisional, convocou eleccións (xaneiro 1869) a Cortes Constituíntes por sufraxio universal (masculino) nas que venceron os monárquicos progresistas de Prim. Redactaron en poucos meses (xuño) a Constitución de 1869, é a primeira constitución democrática da historia de España. Nela establécese unha monarquía plenamente democrática, algunha das súas características recóllense nos artigos do Doc. 2.Así mesmo, a Constitución de 1869 establecía o sufraxio universal masculino (maiores de 25 anos), instaurou un sistema bicameral (Congreso dos Deputados e Senado) e recoñecía a división de poderes.
Unha vez aprobada a Constitución, nomeouse rexente ao xeneral Serrano, e Prim pasou a presidir o Goberno. A situación política era complicada, pois o novo Goberno tivo que facer fronte á guerra colonialiniciada en Cuba; á oposición cada vez máis activa dos carlistas (defensores dunha monarquía tradicional, que durante o reinado de Isabel protagonizaran dúas guerra civís) e dos afonsinos (partidarios do retorno dos Borbón na persoa de Afonso XII, fillo de Isabel II); o permanente acoso dos republicanos, que non aceptaban a solución monárquica e critican a falta de solución para os problemas...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Sexenio democratico
  • Sexenio Democrático
  • El Sexenio Democratico
  • sexenio democratico
  • El Sexenio Democratico
  • Sexenio democrático
  • Sexenio democratico
  • Sexenio Democratico

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS