Siglo xviii

Páginas: 19 (4532 palabras) Publicado: 19 de junio de 2010
SÉCULO XVIII - A CRISE DO ANTIGO RÉXIME

O século XVIII foi un século complexo: foi o momento no que triunfaron o absolutismo e o despotismo ilustrado, pero no que tamén se xestaron as novas ideas que acabaron conducindo á Idade Contemporánea.

Somos herdeiros das ideas e principios dos pensadores do s. XVIII, que se rebelaron contra a desigualdade e a inxustiza da sociedade do seu tempo.Moitos conceptos políticos que fan funcionar hoxe en día a nosa sociedade como democracia, sufraxio universal e a división de poderes, son o resultado dos seus traballos e as súas ideas.

CONCEPTO: Poderiamos definir o Antigo Réxime como o conxunto de trazos políticos, xurídicos, e económicos que caracterizaron a Europa e as súas colonias durante os séculos XVII e XVIII. No transcurso do séculoXIX irán sendo substituídos por outros propios da sociedade capitalista.

1.- CARACTERÍSTICAS DO ANTIGO RÉXIME

1.1 Un comportamento demográfico antigo

Escaso crecemento vexetativo: as altas taxas de natalidade estaban contrarrestadas polos altos índices de mortalidade, especialmente infantil.

Inestable equilibrio entre a poboación e os recursos. A economía de carácter agrícola influíaprofundamente nos índices de mortalidade. Periodicamente se producían crises de subsistencias desatadas polo encadeamento de malas colleitas. A escaseza de alimentos orixinaba fames que á súa vez producían enfermidades de carácter epidémico difundidas con gran rapidez entre unha poboación subalimentada.

No século XVIII

Producíronse certos cambios demográficos; así nalgunhas zonas de Europa(Inglaterra, Francia e Holanda), houbo un incremento dos excedentes alimentarios e unha mellor nutrición, o que se traduciu na diminución de fames e epidemias e, conseguintemente, na redución da mortalidade.

Outro factor que influíu no descenso da mortalidade, foi un certo progreso da medicina.

O resultado foi un crecemento demográfico, supuxo transvasamento de habitantes desde o campo ácidade, o que repercutiu no desenvolvemento das cidades, intensificou a demanda de alimentos e manufacturas e tamén incrementou a dispoñibilidade de man de obra, tanto no campo como na industria, factores determinantes no desenvolvemento da revolución agrícola e industrial.

1.2 Unha economía de base agraria

No século XVIII a maior parte da poboación dedicábase á agricultura, trátase dunhaprodución de subsistencia na que apenas había excedentes. A propiedade da terra estaba fundamentalmente nas mans dos privilexiados (nobreza e clero), donos dos señoríos feudais.

Os campesiños estaban sometidos ao réxime señorial, é dicir, eran servos dun señor. Éste permitíalles traballar unha parte das súas terras para o seu sustento, e, a cambio, os campesiños debían traballar gratuitamente asterras do señor determinados días e pagarlle unha renda.

Ademais, os campesiños debían pagar outros impostos á Igrexa e á monarquía. Isto ía creando un descontento no campo, que avanzará paralelo ó descontento da burguesía, como veremos.

A industria e o comercio aínda non se constituíran en sectores económicos relevantes. O desenvolvemento urbano era escaso e a aldea constituía o principalcentro de organización, produción, manufactura e venta as materias primas.

A industria era tipo artesanal e conservaba aínda trazos gremiais[1]: os talleres artesáns empregaban un reducido número de traballadores, sendo a maquinaria escasa e as fontes de enerxía a humana, animal ou a proporcionada pola auga ou o vento.

A monarquía intentou renovar o sistema produtivo, para o que creou ReaisFábricas. Pero estas instalacións eran máis ben grandes obradoiros artesáns ca industrias modernas, xa que estaban centradas na produción de artigos de luxo para o consumo das elites[2] e non se empregaba maquinaria nin formas modernas de produción.

O comercio interior era escaso e complicado debido ás deficientes comunicacións, á inexistencia dun mercado unificado pola diversidade de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • EL SIGLO XVIII
  • Siglo xviii
  • Siglo Xviii
  • Siglo Xviii
  • Siglo Xviii
  • SIGLO XVIII
  • Siglo xviii
  • Siglo xviii

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS