Sin T Tulo 1

Páginas: 5 (1109 palabras) Publicado: 4 de abril de 2015

O texto é un fragmento extraído da dedicatoria a M. Talleyrand-Périgod, pertencente á obra Vindicación dos dereitos da muller, de Mary Wollstonecraft. Esta foi publicada en 1792, conventíndose nunha das obras literarias fundacionais do feminismo. Wollstonecraft, filósofa e escritora inglesa, naceu en Londres en 1759 no seo dunha familia acomodada que, co paso do tempo, atravesou numerosaspenurias económicas a causa dos dispendios paternos. Aos 18 anos viaxou a Irlanda para traballar de institutriz, ademais de adicarse a outras ocupacións. A súa grande capacidade intelectual e os seus desexos de saber levárona a convertirse en autodidacta, tendo publicado a súa primeira novela xa en 1788, á que lle seguirían numerosas obras, entre elas panfletos políticos, pois asumiu con entusiasmo osideais da Revolución Francesa –fronte a á, convencida de que os dereitos humanos salvarían a todos os individuos de calquera forma de opresión e inxustiza. O texto, ao igual que o conxunto da obra, está impregnado dunha visión burguesa do mundo así como de nocións ilustradas ás que M. Wollstonecraft somete á súa propia análise para sinalar as incoherencias dende o punto de vista da diferenza entreos sexos, invertido o contido e utilizándoas en favor da igualdade entre todos os individuos pertencentes á especie humana.

O que conforma o seu pensamento foi construído en gran parte froito da lectura e análise dos plantexamentos dos autores e autoras que lle precederon, así coma dos auotes da época. Wollstonecraft comeza por facer unha defensa férrea da educación feminina pois,contrariamente a filósofos como Jean-Jacques Rousseau, sostén que a muller debe ser a compañeira racional do seu marido. Nesta primeira parte, segundo a división que facemos, presenta á educación como principal vía para superar a inxusta situación das mulleres: a subordinación feminina. As mulleres educadas acadarían un plano de igualdade con respecto ao home e, á súa vez, os mesmos niveis de racionalidade.Nenos e nenas, sendo educados ámbolos dous en total igualdade de condicións, deberían poder desenvolver as súas facultades mentais e físicas, sen que os prexuízos perpetuados pola tradición tiveran efecto algún neles. Nesta liña, referirase por primeira vez –mais sendo recurrente ao longo do texto– o concepto de virtude, que na actualidade está en desuso mais que daquela cobraba importancia portraducirse como nada menos que a expresión moral da tan relevante noción ilutrada de razón, da que a filósofa bota man sistematicamente ao longo de todo o texto. A virtude, para Wollstonecraft, do mesmo xeito que a razón, debería ser aplicable aos individuos de xeito universal.
Wollstonecraft vai máis aló do mero escepticismo ante a defensa da educación reformista da época, pois non cre que existaunha educación beneficiosa para a sociedade mentres os valores sociais non cambien e sigan a impoñerlles ás mulleres unhas pautas de conduta tan ríxidas dende a infancia.

A continuación, completa este argumento principal elaborando toda unha xustificación da importancia da educación, facendo referencia ao relevante papel que posúen as mulleres na sociedade e as súas importantes contribucións a esta,primeiro, respecto á transmisión xeneracional da educación ideal. En concreto fai unha referencia á importancia de saberen as mulleres transmitir ás novas xeracións –sempre ao seu coidado– o principio do patriotismo, entendido en plena Ilustración principalmente como a defensa e conservación dunha orde pública estable coas súas novas institucións derivadas da Constitución e os seus distintospoderes, baseados á súa vez nos valores fundamentais.
Por outra banda, ofrece unha das poucas discusións filosóficas existentes na época sobre a moral sexual e da virtude da castidade, apuntando que esta tamén debería ser universal, pois a moralidade é minada tanto polo aprecio á castidade feminina como polo desprecio á masculina, así como a consideración da muller exclusivametne coma un obxecto...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Sin T Tulo 1
  • Sin T Tulo 1
  • Sin t tulo 1
  • Sin T Tulo 1
  • Sin T Tulo 1
  • Sin t tulo 1
  • Documento Sin T Tulo 1
  • Sin T Tulo 1

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS