sociolingüística

Páginas: 8 (1771 palabras) Publicado: 8 de diciembre de 2014
T. 1: As funcións sociais da lingua. Conflito e diglosia. Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos.
A función de identidade cúmprea aínda, maioritariamente, a lingua galega. A función familiar amosa unha forte discordancia en función da xeración familiar coa que se fale. A función laboral ten unha presencia variable segundo os sectores. A función local exérceamaioritariamente a lingua galega, aínda que está moi influída polas condutas diglósicas, e depende en parte do tipo de hábitat (máis rural ou máis urbano). O galego está en fase de recuperación da función institucional (ten un valor simbólico positivo no ámbito político, avanzou no sistema educativo, é escaso na xustiza e nos medios de comunicación). Respecto á función internacional, o inglés é a máisinternacional polo momento.
Diglosia e conflito son fases sucesivas nun contexto de contacto lingüístico. Diglosia é a situación na que dúas linguas que conviven nunha comunidade son usadas con valor social diferente: unha exerce funcións consideradas cultas ou de prestixio e a outra informais e cotiás. Conflito lingüístico é cando se producen tensións entre elas ao competir polas mesmas funcións. Oconflito pode evolucionar retornando a unha situación diglósica anterior, normalizándose a lingua minorizada ou producíndose a substitución lingüística.
Os prexuízos veñen derivados historicamente da asociación de galego con rural, pobreza e incultura. En falantes urbanos está marcado tamén como dunha opción política determinada e dise que é unha lingua “imposta”. Prexuízos, todos eles, doadamentedesmontables. Por unha banda foron superándose moitos obstáculos derivados dunha situación de diglosia, como o autoodio cara á lingua, mais por outra aparecen signos propios dun proceso de substitución lingüística; os principais indicadores son o descenso da porcentaxe de monolingües en galego e a creba da transmisión do galego como lingua de adquisición da linguaxe.
T. 2: Historia danormativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións da norma.
Desde a época medieval, o galego descoñeceu a situación de normalidade que permitiu a outras linguas desenvolver o seu estándar. No XIX sitúase o punto de arranque do proceso de formación do estándar actual, que se describe en catro fases:
Galego popularizante (s. XIX): de carácter literario pero próximo áoralidade, á fala popular. Descoñecen a tradición medieval. Hai mestura e vacilacións entre solucións de diferentes áreas. Son frecuentes os castelanismos e os vulgarismos.
Galego enxebrizante (aprox. 1900-1936). Domina o criterio purista, fuxindo da influencia do castelán. Abundan as voces diferenciais, os hiperenxebrismos, os arcaísmos e lusismos.
Galego protoestándar (1936-1970). Depúransecastelanismos e vulgarismos. Simplifícanse os signos ortográficos e defínense solucións coincidentes coas do estándar actual.
Galego estándar (hoxe): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (1982).
A interferencia, ou solapamento de dúas variedades lingüísticas, é un proceso que pode provocar préstamos lingüísticos, a especialización errónea de certos usos de palabras (porco, pero carne decerdo), a relexicalización e a perda de falantes.
Desvíos da norma son aquelas voces que non se axustan á normativa, por non pertenceren ao nivel culto (vulgarismos, dialectalismos), por non seren palabras de uso actual (arcaísmos), ou ben por seren inventos motivados indirectamente pola presión do castelán (hipergaleguismos).
T. 3: Linguas minorizadas e linguas minoritarias. O galego: lingua envías de normalización.
Linguas minoritarias son as usadas por comunidades lingüísticas pequenas en número, independentemente da consideración social que teñan (ex. o maltés ou o italiano en Suíza).
Linguas minorizadas son aquelas que, sendo historicamente propias dun pobo, sofren un retroceso nos seus ámbitos de uso debido á presión doutra lingua allea a ese territorio. A súa presenza social é...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Sociolinguistica
  • Sociolinguistica
  • Sociolinguistica
  • Sociolinguistica
  • sociolinguistica
  • Sociolinguistica
  • sociolinguistica
  • La Sociolinguistica

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS