Tema 4 Historia

Páginas: 13 (3141 palabras) Publicado: 3 de marzo de 2015
OS ESTADOS BURGUESES DE EUROPA (180-1914) VELLAS POTENCIAS E NOVOS ESTADOS
1.- AS IDEOLOXÍAS PREDOMINANTES
1.1 O LIBERALISMO.
As revolucións liberais da primeira metade do século XIX acabaron co Antigo Réxime en case toda Europa, e substituíu as vellas monarquías absolutas por réximes constitucionais, máis ou menos participativos, con dereitos cidadáns recoñecidos. En toda Europa Occidental, osréximes políticos decimonónicos teñen unha serie de características compartidas:
O réxime político predominante é a monarquía constitucional e parlamentaria. O rei conserva amplos poderes. Detenta o poder executivo as leis, e moitas veces ten iniciativas. En moitos casos, os poderes do rei permítelle gobernar cun alto grao de autoritarismo.
O poder lexislativo recae nun parlamento que, confrecuencia está dividido en dúas cámaras (alta ou senado, e baixa ou congreso). O parlamento, e sobre todo a cámara alta, está controlada polo executivo, e responde aos seus intereses. Os representantes son escollidos por sufraxio censatario, e só representa ás clases altas.
Hai un recoñecemento de dereitos e liberdades, pero moitas veces estes dereitos están restrinxidos: en moitos países a liberdade deexpresión e de prensa está limitada pola censura, a liberdade de conciencia reducida ao ámbito privado, ao existir unha relixión oficial. O dereito de reunión e asociación tamén está limitado, e outros como a igualdade ante a lei e a tutela xudicial aplícanse de maneira arbitraria.
Con todo , estes réximes oligárquicos foron evolucionando. O poder dos reis foi cedendo funcións aos parlamentos.Recoñecéronse dereitos máis amplos (de opinión, de prensa, de culto, de asociación e reunión...). O sufraxio universal masculino foi implantado en moitos países a finais do século XIX, (aínda que en moitos países os resultados electorais eran manipulados e fraudulentos) e comezan a aparecer os primeiros movementos sufraxistas que piden dereitos políticos para as mulleres.
1.2.- O NACIONALISMO.Paralelamente, o Estado liberal e a súa centralización política foi promovendo un nacionalismo de Estado, identificando a estrutura política do país coa identidade nacional. Xurde así o chamado Estado-nación, no que se impón unha única identidade cultural, étnica, lingüística e incluso relixiosa en todo o seu territorio, glorificándose a través da construción dunha historia nacional que o xustifique.Sen embargo, as fronteiras políticas de Europa non coinciden na maior parte dos casos coas fronteiras nacionais. Nalgúns países, as minorías nacionais son asimiladas. Noutros conviven nun mesmo estado múltiples nacionalidades que reclaman poder contar cun goberno propio (Imperio Austro-húngaro, Imperio Otomán...). Outras nacionalidades, como alemáns e italianos, viven repartidas en múltiplesestados independentes, e reclamarán a unidade política. Deste xeito, as tensións nacionalistas serán unha constante fonte de problemas entre os diferentes Estados, ata desembocar na Gran Guerra de 1914.
2.- AS ANTIGAS POTENCIAS OCCIDENTAIS. FRANCIA E GRAN BRETAÑA.
2.1.- A INGLATERRA VICTORIANA
O Reino Unido foi durante o século XIX a primeira potencia económica, militar e colonial mundial, grazas áprosperidade da súa industria e a unha grande estabilidade política. Esta época coincide plenamente do reinado de Victoria I de Inglaterra (1837-1901), polo que esta época foi bautizada como a era victoriana.
Inglaterra contaba xa cun réxime parlamentario dende a revolución de 1688, cando o poder real quedou sometido ao Parlamento, que elexía na práctica ao goberno, elaboraba as leis e aprobaba osimpostos, mentres que o rei pasaba a ter funcións máis simbólicas. O Parlamento divídese en dúas cámaras: a Cámara do Lores, de carácter vitalicio e formada principalmente por nobres e bispos, e a Cámara dos Comúns, elixidos por sufraxio censatario.
A estabilidade do sistema tamén dependía da alternancia de dous grandes partidos, o Conservador ou Tory, entre o cal destacou Benjamin Disraeli, e o...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • resumen de historia tema 4
  • tema 4 historia
  • historia tema 4
  • Vocabulario De Historia De España (Tema 4)
  • Tema 4 historia mundo actual
  • Historia 4 Eso Resumen Tema 2
  • Resum Tema 2 Historia 4 Eso Santillana
  • TEMA 4 Historia Uni

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS