TIPOS DE FORMAS XUR DICAS DE EMPRESAS

Páginas: 12 (2754 palabras) Publicado: 9 de marzo de 2015
TIPOS DE FORMAS XURÍDICAS DE EMPRESAS

1. Empresa individual ou persoa física
Tamén coñecido como autónomo, é a forma máis habitual en España. Usualmente identificamos como colectivo autónomo a todas aquelas persoas que traballan por conta propia baixo a forma xurídica de Empresario individual.
O colectivo autónomo está formado por aquelas persoas físicas que realizan de forma habitual, persoale directa por conta propia e fóra do ámbito de dirección e organización doutras persoas, unha actividade económica ou profesional a título lucrativo, contando ou non con traballadores ao seu cargo.
Asume todas as decisións, riscos e resultados económicos, respondendo de forma ilimitada con todo o patrimonio, tanto persoal coma empresarial.
As principais características comúns a esta figura,entendida como empresario/a individual e como persoa titular dun establecemento comercial, agricultor ou profesional liberal son as seguintes:
A personalidade xurídica da empresa é a mesma que a da persoa que ostenta a propiedade do negocio.
Quen ostenta a propiedade do negocio é quen exerce a xestión e o control total da empresa.
Non necesita proceso de constitución, aínda que si require a realizacióndalgúns trámites de posta en marcha en función da actividade a desenvolver.
Non existe un capital mínimo esixido.
A responsabilidade do colectivo autónomo é ilimitada, é dicir, responde ante as débedas futuras con todo o seu patrimonio profesional e persoal.
A contabilidade realizarase conforme á normativa mercantil e fiscal vixente. Neste sentido hai que ter en conta que existe un incentivo paraas persoas autónomas, que é a posibilidade de acollerse a un réxime simplificado á hora de tributar.
Os beneficios tributarán polo IRPF na modalidade de Rendementos de Actividades Económicas.
A actividade estará sometida ás disposicións xerais do Código de Comercio en materia mercantil e ao Código Civil en materia de dereitos e obrigas.

2. Sociedade ou persoa xurídica.
Neste caso pode tratarsedunha ou máis persoas que comparten decisións, riscos e resultados económicos. A responsabilidade dependerá do tipo de forma xurídica elixida. Se a nosa decisión é crear unha sociedade, teremos que coñecer as distintas opcións que formúlansenos. Para iso podemos facer a seguinte clasificación:
























Comparativa das formas xurídicas.
a. Empresario individual
i.Características básicas:
Non hai capital mínimo e non é un importe fixo.
Responsabilidade ilimitada.
Tributa por IRPF
Control total da empresa por parte do promotor.
ii. Vantaxes:
É unha forma empresarial idónea para o funcionamento de empresas de reducido tamaño.
O empresario ten completa liberdade de decisión e o control total da empresa ao non necesita consensuar con ningún socio.
É a forma que menosxestións e trámites necesita para a realización da súa actividade, posto que non hai que realizar ningún trámite de adquisición da personalidade xurídica.
A súa xestión é moi sinxela, isto reforza a súa idoneidade para empresas de reducido tamaño.
Non existe un capital mínimo para a súa posta en marcha.
Pode ofrecer vantaxes fiscais ao tributar polo IRPF, o que supón que se aplicará un tipo progresivo queaumenta a medida que aumentan os beneficios. En cambio as sociedades mercantís teñen que tributar a un tipo fixo do 25 ou 30% o que supón que para as empresas cun montante de beneficios non moi elevado a tributación progresiva pódelles beneficiar.
Ofrece algunhas bonificacións a persoas menores de 35 anos e a mulleres maiores de 45 que se incorporen ao Réxime Xeral dos traballadores Autónomos quepoderán reducir a súa base de cotización ata o 75% da base mínima durante tres anos.

iii. Inconvenientes:
A responsabilidade do empresariado autónomo é ilimitada, xa que non hai separación entre o patrimonio empresarial e o persoal e a persoa autónoma deberá responder persoalmente das obrigas que se deriven da actividade da empresa.
Se o empresario ou empresaria están casados en réxime de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • TIPOS DE EMPRESA SEG N SU FORMA JUR DICA Nereida Dominguez Sanchez
  • Tipos de empresas seg n su forma jur dica
  • Tipos De Empresas De Acuerdo A Su Forma Jur Dica
  • formas y tipos de estados
  • formas y tipos de estados
  • forma de empresas
  • formas de empresa
  • Formar una empresa

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS