TOMÉ DE AQUINO

Páginas: 30 (7273 palabras) Publicado: 7 de febrero de 2014
A SÍNTESE ENTRE CRISTIANISMO E FILOSOFÍA EN TOMÉ DE AQUINO
(traducido e adaptado do texto de CIDEAD de R. López Isern e J. Arroyo Pomeda)

1. CONTEXTUALIZACIÓN
1.1. Marco histórico
O século XIII é unha época de explosión demográfica e expansión económica (período de
apoxeo da Baixa Idade Media) e marca o tránsito da sociedade feudal á urbana. A principal
consecuencia da formación dascidades como centros económicos, sociais e culturais, será a
crise e desaparición da sociedade feudal (basicamente rural e baseada nunha economía de
autoabastecemento) e a súa substitución pola nova sociedade urbana, propia do capitalismo
inicial. As cidades terán un ámbito formado por distintos tipos de edificios: políticos (concellos),
residenciais (pazos), relixiosos (catedrais), comerciais(lonxas) e culturais (universidades).
A Igrexa, única portadora da cultura durante a Idade Media, ten que adaptarse aos novos usos
sociais e á mentalidade da vida urbana. Así, nacen, para adaptarse ao espírito dos tempos, as
ordes mendicantes: franciscanos e dominicos. Fundarán os seus conventos dentro das cidades
(por oposición aos mosteiros das ordes monacais, como os bieitos).
Os franciscanos,dentro dunha concepción directa e práctica da fe, intentaron evanxelizar ao
pobo baixo. Pola súa parte, os dominicos, cunha resolta vocación intelectual, centráronse nos
estudos de teoloxía e no control das aulas universitarias. Tomé de Aquino será o máis coñecido
dos doutores dominicos en teoloxía. O feito de ser máis racionalistas na súa concepción
relixiosa non impedirá aos dominicosactuar con rigor e severidade a través do Tribunal da
Inquisición, controlado por eles, contra heterodoxos e herexes.
O ciclo da educación escolástica tradicional, dende o século VI, fixouse nun Trivium,
elemental, que comprendía a Gramática, a Retórica e a Dialéctica, e un Quadrivium, avanzado,
que incluía a Aritmética, a Xeometría, a Música e a Astronomía. Inicialmente, o método de
transmisióndestes coñecementos é puramente repetitivo e memorístico. Tan só se pretende a
asimilación dun conxunto de coñecementos previos que se consideran un corpo pechado de
doutrina.
A partir do século XI, o método escolástico tradicional é substituído por outro máis crítico.
Baséase na lectio ou lectura dun texto bíblico ou dos clásicos (grecolatinos ou da Patrística)
que vai seguida da quaestio ouinterpretación crítica do texto por parte do mestre (precedente
das Sumas).
Nas cidades medievais créase un novo centro cultural que vai substituír aos escolas
monacais, ás escolas catedralicias e ás escolas palatinas na acumulación e transmisión de
saber: trátase das universidades. As universidades nacen a principio do século XIII como
asociacións gremiais ou corporacións de profesores ealumnos que buscan independencia
fronte ao control episcopal. A fundación das universidades está condicionada decisivamente
polas necesidades da nova sociedade urbana que precisa médicos, profesionais de todo tipo e
sobre todo xuristas.
Os estudos xerais na universidade, é dicir, as artes liberais, adoitaban iniciarse entre 14 e 16 anos.
Tras conseguir o grao de bacharel, para o que senecesitaban seis anos, pasaba aos estudos
necesarios para conseguir o título de licenciado (licencía docendi ou licencía para ensinar), e só
unha minoría continuaba os seus estudos para alcanzar o grao de doutor.
As universidades especialízanse en distintas materias unha vez realizado o ciclo común do Trivium
e o Quadrivium. A primeira universidade foi a de Salerno no século XIII, que se fundou comoescola de medicina, igual que a de Montpellier. Posteriormente creouse a de Bolonia, vinculada
aos estudos xurídicos, plena fase de recepción do dereito romano; despois a de París en
teoloxía, no momento máis álxido de recepción da filosofía aristotélica.

Tomé de Aquino: síntese entre Cristianismo e Filosofía 

 1 

Tomé de Aquino era doutor en teoloxía, chamado o Doutor Angelicus, pola...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Tomas de aquino
  • Tomas De Aquino
  • TOMAS DE AQUINO
  • tomas de aquino
  • Tomas De Aquino
  • tomas de aquino
  • Tomas de aquino
  • Tomas De Aquino

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS