Trabajo De Sociales

Páginas: 7 (1640 palabras) Publicado: 21 de mayo de 2012
3 As fontes de enerxía alternativas

3.1. BUSCANDO FONTES DE ENERXÍA ALTERNATIVAS

A demanda de enerxía, tanto para o uso doméstico e industrial, tende a aumentar cada vez máis.

O esgotamento das enerxías tradicionais non renovables, como o carbón ou o petróleo, e a contaminación que xeran, fan desexable a súa substitución por outras fontes de enerxía.

Na actualidade hai un grandeinterese por desenvolver fontes de enerxía alternativas. As máis desenvoltas son a enerxía solar e a enerxía eólica.


3.2. A ENERXÍA SOLAR OU FOTOVOLTAICA

O Sol emite unha gran cantidade de radiación, que é aproveitada para a obtención de enerxía térmica e de enerxía eléctrica.

A enerxía solar ten ao seu favor que é abundante, inesgotable e que non contamina, pero ten en contra o feito de quea intensidade de radiación non é igual en todas as zonas da terra, e que existen grandes variacións ao longo do ano.

As aplicacións da enerxía solar son tanto industriais coma domésticas. Utilízase sobre todo para obter auga quente e elctricidade.

Os paneles solares fotovoltaicos permiten converter a enerxía solar en enerxía eléctrica.


3.3. A ENERXÍA EÓLICA

A enerxía eólica obtensea partir do aproveitamento da forza do vento que se transforma en enerxía eléctrica.

Este tipo de enerxía é renovable e non contamina a atmosfera, pero ten como inconvenientes o feito de estarmoi localizada e non ser regular, pois a forza do vento non é constante. A súa presenza produce un grande impacto visual na paisaxe e causa contaminación acústica.

Os muiños de vento precisan estarsituados en amplos espazos abertos onde a forza do aire poida chegar a ser continua.


4 A industria

4.1. A ACTIVIDADE INDUSTRIAL

A industria abrangue o conxunto de actividades necesarias para trasformar as materias primas en produtos para o consumo. As actvidades industriais transforman as materias primas en produtos elaborados, que se poden utilizar ou consumir directamente.

Pero haiprodutos que se fabrican para seren parte da elaboración doutros produtos industriais (produtos semielaborados).


4.2. A INDUSTRIA: UN POUCO DE HISTORIA

O traballo artesanal

Con anterioridade á industria, os artesáns producían nos seus obradoiros todo aquilo que a poboación precisaba. O proceso de elaboración dos produtos era manual, pero axudábanse de ferramentas propias do seu oficio.O artesán elaboraba o produto manualmente, polo que o artigo resultaba caro.

Os inicios da industrialización

O paso da produción artesanal á industrial iniciouse a mediados do s. XVIII, cando o traballo manual e as ferramentas foron progresivamente substituídos polas máquinas.

A maquinaria industrial funcionaba movida pola enerxía que precedía dun motor.

As máquinas liberaron,nalgunhas operacións, o emprego do traballo humano e engadíronlle rapidez e eficacia ao proceso de produción, co que aumentou a produtividade. Fabricar moitos produtos iguais de forma rápida fixo posible ofrecelos a un prezo máis Baixo, o que provocou a ruína de moitos obradoiros artesanais.

A industria actual

A industria actual caracterízase pola automatización e sofisticación dos seusprocesos, nos que a informática e máis a robótica resultan imprescindibles.

Salienta tamén pola gra redución de man de obra, así como pola fabricación de produtos cada vez máis diversos que, grazas ao gran desenvolvemento dos transportes, se poden exportar a calquera parte.



5 Clasificacion das industrias. A empresa industrial
5.1. TIPOS DE INDUSTRIAS
As industrias representan característicasmoi diversas e admiten numerosas clasificacións. Un criterio de division é clasificalas segundo o destino dos productos que fabrican. Deste xeito, pódene distinguir as industrias de bens de producción e as de bens de uso comun.
Industrias de bens de producción
As industrias de bens de producción elaboran productos que non se consomen directamente sénon que son produtos semielaborados, que...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Estado, Trabajo social y Politicas Sociales
  • Rol Social Del Trabajador Social
  • Gestión social en trabajo social
  • el informe social en el trabajo social
  • Trabajo Social En La Psicologia Social
  • Trabajo social y psicologia social
  • Trabajo social y politicas sociales
  • politica social y trabajo social

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS