TRANSICI N

Páginas: 18 (4481 palabras) Publicado: 26 de abril de 2015
A SEGUNDA RESTAURACIÓN BORBÓNICA.
DE 1975 A 1982.

Recibe o nome de transición a etapa política que se estende dende a morte de Franco e a proclamación de Xoan Carlos de Borbón como rei ata a consolidación da democracia. Se a data de inicio deste período é clara, o 20 de novembro de 1975 coa morte do ditador, non o é tanto a súa data final. Para algúns sería a aprobación da Lei de ReformaPolítica de 1977 e a Constitución de 1978, sería unha transición curta. Para outros, chegaría ata a vitoria do PSOE nas eleccións de 1982 ou incluso ata a entrada de España na CEE e a confirmación da presenza na OTAN, en 1986, sería unha transición longa).
Haberá neste período catro presidentes do Goberno:
Carlos Arias Navarro, ata o 1 de xullo de 1976 (dimisión)
Adolfo Suárez González, dende o 3 dexullo de 1976 ata 29 de xaneiro de 1981 (data da súa dimisión)
Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo, dende o 26 de febreiro de 1981 ata 2 de decembro de 1982 (derrota nas eleccións do 28 de outubro)
Felipe González Márquez, dende o 2 de decembro de 1982 ata o 4 de maio de 1996 (derrota nas eleccións do 3 de marzo)

1. A TRANSICIÓN DEMOCRÁTICA. 1975-1977

A) Trazos característicos:
A transición dunréxime ditatorial a un democrático non foi un proceso exclusivo de España neste anos (Portugal, Grecia) pero o seu éxito e o seu carácter pacífico si que a converteron nun modelo de referencia ( Iberoamérica, Sudáfrica). Algúns dos seus trazos son:
Foi un proceso graduado, non simultáneo , das tarefas comúns nas transicións democráticas: desvinculación do sistema ditatorial, constitución formal dademocracia, control civil do exército, reforma económica, normalización do funcionamento das institucións e dos mecanismos democráticos.
Equilibrio de ruptura e reforma. Isto débese á moderación da sociedade, o fracaso lexitimador do franquismo, o papel do rei, a incapacidade da oposición de impor a ruptura e o contexto internacional de apoio a un proceso democratizador non traumático.
Foi posiblegrazas ao consenso: “os cambios feitos por todos”. Consenso baseado na reconciliación e na superación da guerra civil e na autolimitación das elites políticas á hora de defender as súas ideas.
Foi unha transición lexitimada polas consultas ao pobo: referendo da Lei de Reforma Política, Eleccións Xenerais de 1977, referendo da Constitución de 1978.

España vai quedar constituída ao final doproceso como un Estado social e democrático de dereito que adopta a forma política da Monarquía parlamentaria e ten como base a soberanía nacional, a liberdade, o pluralismo ideolóxico e a convivencia democrática.
O consenso así acadado queda garantido pola lei e amosa a aceptación da maioría da poboación e dos partidos políticos.
Parece definitivamente superada a división de dúas Españas que setratan de impor unha sobre a outra (1808 ou 1936)

B) Os acontecementos:

Proclamación e coroación do rei Juan Carlos I: A proclamación do rei estaba pensaba para perpetuar o réxime, de feito xurou as Leis Fundamentais do Reino, pero xa no discurso inicial mestura a lembranza a Franco coa idea de renovación. O discurso foi visto con escepticismo pola oposición democrática.
Na súa coroación acudennumerosos reis europeos e autoridades destacadas (o presidente francés, o vicepresidente dos EE.UU, o presidente alemán), todas elas ausentes catro días antes no enterro de Franco, convenciadas polo rei da súa idea de ira cara a unha democracia. A lexitimidade dinástica acadouna o rei cando o seu pai lle cedeu os dereitos á Coroa en maio de 1977.

O primeiro goberno: O rei mantén a Carlos AriasNavarro como presidente dun goberno que mestura todas as “familias” do réxime e onde conviven tres proxectos políticos distintos: o continuísta (mantenemento do réxime franquista coa concesión dalgúns dereitos) de Arias; o continuísta-reformista de Fraga (Congreso elexido por sufraxio universal pero non o Senado que mantería o modelo franquista) e o reformista de Suárez e Areilza que pretendía ir...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Transici N Independencia
  • GOBIERNO DE TRANSICI N
  • TRANSICI N POL TICA
  • La Transici N Espa Ola
  • LOS MERCADOS EMERGENTES EN TRANSICI N
  • Los gobiernos de la transici n I
  • Transici N Del Estado De Derecho Al Estado Social
  • Esquema Transicio N Democra Tica

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS