Universalidade E Historicidade Da Moral
Podemos falar da moral a tres niveis:
- Persoal: principios polos que xulgamos e xustificamos os propios actos. Parten da propia conciencia e orientan a nosa acción. Case sempre teñen unha repercusión noutros.
- Nivel da sociedade: Facémonos en sociedade e ahí xa atopamos normas costumes e valores.
- Nivel global: Falamos aquí da ética. Reflexión apartir de distintas morais co fin de chegar a buscar racionalmente fundamentos nos que nos poñamos todos de acordo.
A defensa da paz, o rexeitamento da violencia, a ecoloxía e a defensa dos dereitos humanos valorase moito na sociedade actual.
Cabe preguntarse se hai uns principios éticos perennes, pero a realidade e que a ética igual có resto da cultura vaise formando o longo da historia.2. A ÉTICA EN GRECIA
2.1. ÉTICA NA GRECIA HEROICA
A ética formulase de modo explícito na Grecia do século V.
Sófocles fálanos da lei natural como lei non escrita que está por riba das humanas. Sen embargo xa moito antes existía unha preocupación pola mesma. Homero xa fala dela na Ilíada e na Odisea, onde esboza unha moral agonal (de loita).
2.1. ÉTICA NA GRECIA CLÁSICA
2.2.1 A ética sofistaOs sofistas son un grupo de pensadores que exercen a sua labor en Atenas aínda que non son autóctonos.
Centran o seu interese na vida pública. Interesanse polo ser humano e teñen fé na sua capacidade transformadora. Defenden o esforzo e a educación como elementos que rompen as barreira clasistas. As normas morais dependen agora do ser humano. Xorde entón unha moral democrática.
2.2.2 Ointelectualismo ético socrático
Sócrates non era unha persoa agraciada físicamente, pero en compensación gozaba dunha intelixencia privilexiada. Para el a virtude fundamental do ser human é o coñecemento. O que obra mal non o fai por ignorancia, que se combate coa educación. O método que utiliza e a maieútica, que consiste nunha busca dialogada, en común da verdade.
2.2.3 O racionalismo platónicoPlatón foi discípulo de Sócrates. De orixe nobre estaba destinado a participar en política pero a amarga experiencia do proceso fixolle sentir a corrupción que se ocultaba tanto na tiranía coma na democracia.
É consciente do choque entre o racional e o paixonal. O racional e case divino, pero queda ofuscado polas paixóns que o rebaixan a categoría humana.
2.2.4 A ética da felicidadearistotélica
A Aristóteles tocalle vivir unha época distinta á dos ideais da democracia ateniense.
A diferencia de Platón, é un intelectual non puramente teórico, senón tamen biólogo e naturalista, que mira o mundo da natureza para tratar de realizar alí os ideais da felicidade. Nega a separación dos dous mundos platónicos e agarrase o inmanente, ó terreal.
A felicidade acadase obrando ben. Ven aconsistir nunha forma de vida.
Somos seres biolóxicos, pero o que nos fai verdadeiramente humanos é a racionalidade. A felicidade é entón o sometemento á razón, a evitar os excesos.
Temos que someter a vida vexetativa e sensitiva ó criterio racional (virtude da temperanza) e requírese vontade para levar á práctica as nosas decisións (virtude da fortaleza). Finalmente está a xustiza como harmonía eproporcionalidade.
2.2. A ÉTICA DURANTE O HELENISMO
Durante o período helenístico prodúcese unha ruptura coa concepción unitaria do saber. Empezan a cultivarse as ciencias en centros especiais dedicados e especializados niso ( escola de Pérgamo, Rodas, etc.).
A filosofía vaise centrar máis na vida práctica e a ética vaise convertir no centro da súa preocupación. Os filósofos tratan de ofrecerunha seguridade agochándose no mundo interior.
2.3.1. O pracer como norma: Epicuro
Centra a felicidade no pracer. O home é mortal e tense que agarrar ó aquí e agora terrenais.
Na existencia pracenteira debe predominar o pracer sobre a dor.
Hai praceres do corpo e praceres da alma. Pero os da alma son maiores cós do corpo. Os corporais afectan ó momento presente, mentres que os do alma poden...
Regístrate para leer el documento completo.