Violencia e memoria na dictadura arxentina

Páginas: 4 (965 palabras) Publicado: 15 de noviembre de 2014
O auxe das ditaduras militares en América do Sur na segunda metade do século XX, podería ser entendido como unha causa que explique o éxito do golpe de estado do 24 de marzo de 1976, que puxo fin aosistema político democrático arxentino, coa detención da presidenta Isabel Martínez de Perón. Mais sería arriscado entender esta como unha única causa dun golpe que comezou a súa preparación con moitaantelación, resultado das reunións das forzas armadas ou militares, e xustificada como persecutora “do propósito de terminar co desgoberno, a corrupción e o flaxelo subversivo”, o cal podemossinalar como motivación dos numerosos apoios que tivo o golpe, ou mesmo da pasividade popular no seu defecto.
A pesar disto, algúns sectores da sociedade mantiveron vivo o seu espírito crítico, (comosinalou Nora, defensores da loita e non da fuxida do país) poñéndoo en manifesto en forma de accións que o réxime designou como subversivas, e que serviron á súa vez de xustificación para a represión. Estachegou en forma de “terrorismo de estado”.
Dende o 1976 perseguiuse moita xente sospeitosos de aportar resistencia, destacando, como vimos na conferencia, a persecución ós universitarios, así comocalquera tipo de militancia política, de aí que falemos de politicidio. Fronte a esta idea, atopamos a teoría que fala dun xenocidio que busca reestruturar as ordes sociais establecidas ou chamadoproceso de reorganización social, eliminando todos aqueles axentes que se consideraran perigosos para a formación desta sociedade: xudeus (de feito, Nora Strejilevich sinalou que cando foi detida ou“secuestrada” , foi acusada de practicar esta relixión), testigos de Jehová, homosexuais, etc. Con todo, ambas teorías non son excluíntes.
Cando falamos do terrorismo de estado en Latinoamérica o primeirono que pensamos a maioría de nós é nos “desaparecidos”, e é que ese termo representa moi ben a realidade dun goberno represivo nun dobre sentido. Por unha banda, facendo alusión á inhumana forma de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • A violencia na Galicia
  • Memoria Y Violencia Política PPR
  • Memorias "Dictadura Nunca Mas En Paraguay"
  • Memoria y Dictadura
  • reflexión del museo de la memoria sobre la dictadura militar
  • Na na na na
  • Violencia y dictadura en estrella distante
  • Na Na Na

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS