A Avaliación Da Calidade En Interpretación

Páginas: 10 (2454 palabras) Publicado: 28 de febrero de 2013
A AVALIACIÓN DA CALIDADE EN INTERPETACIÓN


ÍNDICE

1. Análise
1.1. Marco da comunicación na interpretación de conferencias(páx.3)
1.2. Percepción da calidade (páx. 4)
1.3. Estudo empíricos (páx. 5)
1.4. Problemas metodolóxicos dos estudos sobre calidade (páx.7)
2. Conclusión (páx. 8)



AVALIACIÓN DA CALIDADE EN INTERPRETACIÓN


A interpretación deconferencias, xurdida da necesidade de interpretación diplomática tralos acontecementos históricos do século xx, foi, ó longo de toda a súa historia, obxecto de investigación por parte dun gran número de disciplinas.

Seguindo esta liña e tendo en conta que a interpretación fornece, xa que logo, un servizo de transmisión de mensaxes dunha lingua e dunha cultura a outra, parece lóxico que xurda anecesidade de avaliar a calidade desta prestación. Tal e como cita Gile no seu libro, existen unha serie de preguntas que cómpre resolver:

Un aspecto a priori essentiel de la recherche est l'étude de la nature et des variations déterminant la qualité de l'interprétation. Comment les délégués evaluent-ils la qualité du travail, en fonction de quels critères? Leurs appréciationsvarients-elles d'un individu à l'autre, d'un groupe à l'autre, dans quelle mesure et de quelle manière? Quelle est la corrélation entre leur évaluation et une éventuelle mesure “objective” des différentes variables déterminant une “qualité” de l'interprétation?



Para poder tirarmos algunha conclusión é necesaria unha análise profunda do marco no que se desenvolve a actividade, das distintasperspectivas dende as cales se percebe a calidade así coma dos estudos levados a cabo ó longo do tempo. Isto terá que ser feito tendo en conta a problemática que nos ocupa.


ANÁLISE


Marco da comunicación na interpretación de conferencias

Existen unha serie de elementos que interveñen no marco da interpretación e que é necesario ter en conta para poder adentrarse no estudo da calidade nestaactividade. Este elementos non se refiren soamente ós axentes presentes en todo o proceso, senón ó papel que xogan uns e outros para manter a fidelidade con respecto ó discurso orixinal.

• O intérprete: Malia que, segundo os esquemas convencionais, o intérprete aparece coma un mediador transparente entre o orador e os delegados, a súa actividade implica procedementos moito máis complicado. Ocontido do discurso de chegada afástase en moitas ocasións do discurso orixinal debido razóns técnicas ligadas a capacidade cognitiva do intérprete. Isto implica unha certa desigualdade entre a realidade e a imaxe proxectada.
Este feito ten ser tido en conta posto que o intérprete sofre unha presión constante ó considerarse que a súa función é a de producir unha mensaxe equivalente.


• Osaxentes que interveñen: Os axentes que interveñen na interpretación poden influír considerablemente no desenvolvemento da interpretación.

a. Os delegados: A presenza dunha gran número de delegados que non precisan da interpretación pode supor unha presión suplementaria para o intérprete posto que este é considerado coma un estorbo no transcorrer do discurso. Tamén se teñen dados casos deinterrupcións por parte de algún delegado que comprenda a lingua orixe nunha interpretación consecutiva.


b. O cliente: O cliente pode ter intereses diferentes ós do orador de xeito que decida exercer certa presión que non favoreza a fidelidade do intérprete no seu discurso.


c. O recrutador: Cando se trata dun compañeiro, a súa presenza na cabina pode estimularpositivamente e ter entón consecuencias positivas no traballo do intérprete.


d. O presidente da sesión: O presidente da sesión xoga un papel importante para o mantemento dunhas condicións de traballo aceptables: cumprimento de horarios, tempo de palabra dos oradores, documentos, etc.


e. Os técnicos: A competencia e a vixilancia dos técnicos é indispensable para o bo desenvolvemento...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Fort-Da Interpretación.
  • Calidades
  • calidadAad
  • Calidades De Audio
  • Calidades Superficales
  • Calidades De Software
  • Calidades del movimiento
  • Calidades Migratorias

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS