A escola apetecida

Páginas: 18 (4422 palabras) Publicado: 1 de diciembre de 2010
Xa comezou un novo día, unha nova era e todo
parece ardente, vivo, cheo de promesas...
Francesco Alberoni

A escola apetecida
José Luis González Fernández
Mestre

Despois de trinta e un ano de servizo na escola pública e no treito profesional final do meu labor co mestre, aínda manteño a ilusión por ese espacio de utopía onde a educación sexa quen de aportar os alicerces de cultura ecivilidade. Nesta visión, a cultura dotará de ferramentas que capaciten para dar respostas axeitadas as situacións que se producen nun momento e nun tempo e a civilidade servirá de compás que guíe e ofreza pautas de conducta para inclinarse por todo aquilo que sexa noble, xusto e valioso e para fomentar a práctica persoal e social das virtudes públicas.

Penso na Escola de Doloriñas de JuliaMinguillón, humilde lugar cheo de sinxeleza e tenrura e que me recorda as miñas vivencias de preadolescente nunha escola rural promovida por galegos emigrantes a Cuba entre os que se atopaban meus pais. Aquela escola vivida nos anos 60 apareceu, de novo, no ano 1975 no meu primeiro destino como mestre na unitaria de Pasarela en Vimianzo (A Coruña). Dende aqueles comezos profesionais ata actualidade,pasaron uns anos que se me fan poucos pero extensos e acelerados nas mudanzas. Era preciso ter a capacidade de coller en marcha a modernidade despois dunha dictadura que nos someteu, a min polo menos, a unha pobre cultura de alienación e a unha civilidade de adoctrinamento que houbo que espelir. Daquilo é posible que queden algunhas cambras que proveñan das ideoloxías empregadas nas escolasfranquistas e dos traxectos vividos no contexto social daquel tempo.

Ter unha existencia como a acontecida e ir na procura dun paso lixeiro para a andaina que houbo que seguir, sérveme para propoñer, nesta hora, dende unha modesta reflexión e o pouso que deixou a lectura, a práctica e as vivencias con valiosos compañeiros de profesión, un proxecto de escola que chegase a ser o espazo colexial dunha novacriatura que me ten engaiolado dende hai uns meses: o meu primeiro neto.

Unha escola para a sociedade do coñecemento.

É ben sabido que hoxe en día corre un mar de información que asolaga todo. Esas augas hai que conducilas por regos que permitan aliviar o encoro de datos que nos chega a cotío. A escola debera ser un escorredoiro que permitise encanar o enorme caudal de conceptos, datos efeitos que se achegan a ela, dende tódalas vertentes. Dende esta visión, é preciso prestar grande atención as habilidades cognitivas como conduccións necesarias para encamiñar as informacións percibidas polas nenas e polos nenos para construír o seu coñecemento.

Dende a miña experiencia persoal, teño notado que a maneira en que o alumnado se achega as diversas tarefas segue sendo pouco reflexivo,en xeral. Moitas das nosas alumnas e dos nosos alumnos só repiten a información que se lles da e as súas aprendizaxes, aínda que se fagan de maneira grata por parte do profesorado, son repetitivas nos contidos e transmisoras de coñecementos conceptuais. A “competencia” segue sendo moi estimada dende criterios baseados na posesión de saberes tradicionalmente curriculares. E isto non é só así.

Ainformación está formada por datos que posúen significación convenida e a sabedoría chégase cando se xestiona esa información. O vieiro que se abre, para procesar a información, precisa de poñer en valor todo aquilo que permita tomar conciencia dos feitos e das decisións mentais que hai que realizar para chegar a construir coñecemento.

Esta muda na mirada supón ofrecer máis situacións para ainterpretación, para sacar consecuencias e para trasladar a outras circunstancias o que se aprende desta maneira. Non se trata de ofrecer só modelos para respostas pechadas ou contidos para memorizar. A aprendizaxe, así entendida, non pasa por unha metodoloxía maxistral senón por facer propostas que permitan o desenvolvemento de procedementos cos que adquirir destrezas específicas dende...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Apetecan
  • Me apetecismo moral.
  • no me apetece
  • Apetecan
  • El apetecan
  • Apetecan
  • apetecan
  • escolar

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS