A información xenética
Os ácidos nucleicos
Son biomoléculas formadas por carbono (C), osíxeno (O), hidróxeno (H), nitróxeno (N) e fósforo (P). Están formadas por subunidades chamadasNUCLEÓTIDOS.
Os nucleótidos están formados por:
>Un GRUPO FOSFATO, formado por fósforo e osíxeno.
>Un glícido ou AZUCRE, de cinco átomos de carbono (Pentosa). Pode ser a ribosa ou adesoxirribosa.
>Unha BASE NITROXENADA, que pode ser adenina (A), guanina (G), citosina (C), timina (T) ou uracilo (U).
Os nucleótidos únense enlazando o azucre dun nucleótido co grupo fosfato doutronucleótido.
Tipos de ácidos nucleicos
ADN
>Formado por nucleótidos nos que as bases nitroxenadas son adenina, guanina, timina e citosina.
>Nunca teñen uracilo.
>Está constituído por dúascadeas de nucleótidos emparellados polas bases nitroxenadas. Únese sempre a adenina coa timina (A-T) e a citosina coa guanina (C-G).
>As cadeas son antiparalelas (discorren paralelamente e con sentidocontraio) e complementarias (onde cada base nitroxenada de cada cadea determina a secuencia da outra)
>As dúas cadeas enrólanse formando unha hélice (escaleira de caracol na que as desoxirribosas eos grupos fosfato son as barandillas da escaleira e as bases nitroxenadas emparelladas son os chanzos).
ARN
>Formado por unha soa cadea de nucleótidos.
>Nunca ten timina. No seu lugar tenuracilo.
Hai tres tipos:
·ARNm (mensaxeiro): A súa función é levar a información xenética do núcleo ao citoplasma.
·ARNt (transporte): Transporta aminoácidos para fabricar proteínas.
·ARNr(ribosómico: Forma parte dos ribosomas.
Dogma Central da Xenética
O ADN está no núcleo. É unha molécula moi grande que non é capaz de atravesar os poros do núcleo. O ADN mediante un procesochamado REPLICACIÓN fai copias de si mesmo. Para replicarse necesita separar as dúas cadeas, mediante o apareamento de bases complementarias, facendo unha copia de cada cadea.
Como resultado temos...
Regístrate para leer el documento completo.