O ensino de linguas estranxeiras na UE

Páginas: 6 (1376 palabras) Publicado: 1 de febrero de 2015
1 . O ensino de linguas estranxeiras na UE
1.1. A política lingüística
Resulta obvio sinalar a dificultade de elaborar políticas lingüísticas para toda a UE, con todas as súas singularidades. Aínda así, déronse grandes avances nesta materia. En 1966, o libro branco sobre a educación, de título Enseñar y aprender: hacia la sociedad del conocimiento, afirmaba que as competencias lingüísticas sonnecesarias para que os cidadáns europeos asuman unha tarefa activa na construción da sociedade futura, e recomendaba que coñecesen dúas linguas estranxeiras ademais da propia. Mais tivemos que esperar ata o Tratado de Maastricht para ver incluída por primeira vez a educación entre os obxectivos da UE.
Respectando escrupulosamente a competencia plena dos Estados neste eido, aléntaselles acooperar para desenvolver a dimensión europea da educación en particular e o ensino de linguas en xeral. O artigo 149 do tratado di literalmente:
A actuación da Comisión orientarase a desenvolver a dimensión europea do ensino especialmente por medio da aprendizaxe e da difusión das linguas dos Estados membros.1
Recomenda, así mesmo, a introdución de dúas linguas estranxeiras na educación obrigatoria,unha das cales debería comezar na escola primaria e preparar aos mozos e mozas para expresarse oralmente e por escrito.
1.2. Programas
O primeiro programa (Lingua), establecido en 1990, tiña como obxectivo xeral mellorar o ensino de linguas. Mantido ao longo de cinco anos, ademais de subvencionar un certo número de proxectos sobre innovacións pedagóxicas, permitiu a preto de 20.000 profesoresde linguas estranxeiras facer estancias nun país estranxeiro no que se fala a lingua que ensinaban ou que se preparaban para ensinar, e a máis de 80.000 alumnos participar en intercambios escolares relacionados coas linguas.
En 1995, os programas educativos da Comisión reorganizáronse e se englobaron todos no programa xeral Sócrates, que, á súa vez, se divide en oito subprogramas educativos dosque catro teñen obxectivos lingüísticos. Son os seguintes: Comenius, que se propón mellorar a calidade do ensino no nivel primario e medio, reforzar a dimensión europea do ensino e promover o ensino de linguas; Lingua, dedicado especificamente ao ensino de linguas; Erasmus, para fomentar a mobilidade internacional dos estudantes universitarios e promover así a adquisición doutras linguas; eLeonardo, dirixido á formación profesional.
Sinalemos finalmente que o “Ano das linguas”, celebrado en 2001, tiña como obxectivos sensibilizar sobre a diversidade cultural e lingüística de Europa e estimular o plurilingüísmo2.
Así, ao longo do tempo a insistencia na necesidade de coñecer outras linguas pasou de xustificarse por razóns estritamente económicas –a construción dun mercado común–, asustentarse en finalidades máis amplas: a participación en tarefas comúns e a riqueza cultural que representa a pluralidade lingüística.
O 31 de decembro de 1999 o programa Sócrates foi substituído polo Sócrates II que englobaba as mesmas accións lingüísticas, ata 2006. Nese ano comezou o Programa de aprendizaxe permanente (2007-2013), que presta apoio financeiro ao ensino en Europa e que abarca oscatro subprogramas. Ademais, existe o chamado Programa transversal para linguas para o desenvolvemento de novos materiais, instrumentos e recursos para a formación do profesorado e a investigación. Existen tamén programas fora do estritamente lingüístico que tamén aportan fondos a estas actividades.
1.3. A situación do ensino de linguas nos diferentes estados
Analizando a evolución que acadou noséculo XX -nos estados que hoxe compoñen a UE- o ensino desta materia, vemos como o interese pola súa aprendizaxe vai en aumento, salientando a última metade ata chegar á súa inclusión como materia obrigatoria dentro dos diferentes sistemas educativos. A situación do ensino de linguas estivo sempre directamente relacionada coa situación económica e política do país respectivo.
É por iso que os...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Supervisão do ensino das línguas
  • lingua
  • Lingu
  • Lingua
  • Na na na na
  • A exclusão escolar na rede pública municipal de ensino: a
  • Na Na Na
  • Na Na Na

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS