O período de entreguerras (1919-1939)

Páginas: 22 (5308 palabras) Publicado: 7 de mayo de 2013
TEMA VI1
O PERÍODO DE ENTREGUERRAS (1918-1939)


1.- A Revolución Rusa e o nacemento da URSS
A Revolución rusa é un dos feitos máis importantes do século XX [resumo]. Se a Revolución francesa condicionou o século XIX ao traer consigo a fin do Antigo réxime (caída das monarquías absolutas e ascenso da burguesía ao poder), a Revolución rusa vai marcar o desenvolvemento do XX ao presentarsecomo un intento de demoler o capitalismo e darlle o poder ao proletariado. Hoxe en día quedan poucos países gobernados con ese sistema, pero a finais da década dos dez e durante boa parte da anterior centuria organizacións de todo o mundo desexaron imitar (e nalgúns casos imitaron) o proceso levado adiante polos bolxeviques no ano 1917.

1.1.- A Rusia Tzarista e os antecedentes da revoluciónPara poder entender a revolución e ver cales son as causas que a motivan hai que situarse na Rusia de comezos do século XX. Naquel entón o Imperio ruso era un país enorme (22 millóns de km2 e entre 125 e 144 millóns de habitantes), que tiña a súa economía asentada sobre a agricultura (o 80% da poboación era campesiña) e que contaba con moi pouca industria (principalmente localizada nos Urais, enMoscú e San Petersburgo). O goberno estaba nas mans do Tzar Nicolás II, que exercía o poder dun modo absolutista, apoiado pola igrexa ortodoxa, pola nobreza e polo exército, o que lle confería ao país un “aspecto” practicamente medieval [documental sobre a Rusia tsarista]. Dentro deste contexto existía unha oposición política clandestina que se organizaba en diversos partidos, entre os que se atopaba oPartido Obreiro Socialdemócrata. Fundado en 1898, era de ideoloxía marxista (seguidores das ideas de Marx); no ano 1903 escindírase en dúas faccións: os menxeviques (moderados, que querían chegar ao socialismo de forma gradual) e os bolxeviques (revolucionarios, que pensaban que esa era a maneira de tomar o poder), estes últimos liderados por Lenin.
Con esta situación de fondo, no ano 1905(Revolución de 1905) vanse producir levantamentos por todo o país [filme: O acorazado Potemkin], aínda que as máis importantes foron en San Petersburgo, onde o exército do tsar comete unha auténtica matanza ao cargar contra as manifestacións. Finalmente as protestas “solucionáronse” cando o Tzar concedeu algunhas pequenas reformas (creación da Duma...), pero estas concesións axiña foron recortadas.[Ampliación que non expliquei na clase. Aparentemente, despois desta revolución todo parecía seguir igual, pero non era así: o tsar perdera a súa boa imaxe, demostrouse que a xente estaba disposta para a revolta, viuse que unha guerra podía desestabilizar a situación… e, ademais, apareceron os soviets (as asembleas de folguistas elixían uns representantes, soviets, que eran os que se encargaban dedirixir a folga, de negociar cos patróns…].

1.2.- 1917: Da caída do Tsarismo ó triunfo bolxevique
Unha década despois (1914) Rusia inicia a súa participación na I Guerra Mundial. Cando se chega á metade da guerra a situación do país non pode ser peor. A economía dificilmente logra facer fronte aos gastos do conflito, o exército conta as baixas por millóns e, o peor de todo, a pesar de tantosacrificio económico e humano; os rusos están perdendo territorios. Por se fose pouco, a guerra está agravando as xa pésimas condicións de vida dos rusos, xa que soben os prezos dos alimentos básicos, abandónase a produción de bens de consumo, desorganízanse os transportes...
A comezos do ano 1917 a situación vólvese insostible: falta combustible, escasean os alimentos, impóñense cartillas deracionamento… En febreiro (Revolución de febreiro) a xente, de maneira espontánea, comeza a manifestarse pedindo pan e o fin da guerra. As manifestacións, que se estenden por todo o país, teñen especial importancia en San Petersburgo. Alí o Tsar manda o seu exército contra as manifestacións, pero agora os soldados, a diferencia do que pasara en 1905, non só se negan a reprimir os manifestantes,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • El período de entreguerras (1919
  • periodo de entreguerras 1919
  • Período de entre guerras (1919-1939)
  • El Periodo Entre Guerras(1919-1939)
  • La europa de entreguerras (1919-1939)
  • El Periodo Entre Gerras 1919-1939
  • Periodo Entre Guerras (1919-1939).
  • Periodo De Etreguerras (1919-1939)

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS