O Relevo

Páginas: 5 (1014 palabras) Publicado: 11 de febrero de 2013
2. TIPOS DE UNIDADES MORFOESTRUTURAIS

Na Península atópanse presentes as grandes unidades morfoestruturais do relevo continental:

a) Os zócolos son chairas ou mesetas formadas na era Paleozoica como resultado do arrasamento pola erosión de cordilleiras xurdidas nesta mesma era; formados por rochas silíceas

b) Os macizos antigos son montañas formadas na era terciaria polo novolevantamento dun bloque dun zócolo causa das presión da oroxénese alpina; formados por rochas silíceas.
Sistema Central, Montes de Toledo, Macizo Galaico, Montes de León, Parte Occidental da Cordilleira Cantábrica

c) As cordilleiras de pregamento son grandes elevacións montañosas xurdidas na oroxénese Alpina da era terciaria polo pregamento de materiais sedimentarios, fundamentalmente calcarios,depositados polo mar na era secundaria.

As cordilleiras de pregamento son de dous tipos:
-Cordilleiras intermedias, formadas polo pregamento de materiais depositados polo mar nos rebordos dos zócolos
Parte oriental da Cordilleira Cantábrica
Sistema Ibérico

-Cordilleiras alpinas: formadas polo pregamento de materiais depositados en xeosinclinais ou foxas mariñas
PirineosCordilleiras Béticas

d) As concas sedimentarias ou depresións son zonas afundidas formadas na era terciaria, que se encheron con sedimentos, principalmente arxilosos e calcarios.

As concas sedimentarias son de dous tipos:
-As concas sedimentarias interiores formadas polo afundimento dun bloque dun zócolo a causa das presións da oroxénese alpina
Submeseta Norte: atravesada polo Douro
SubmesetaSur: atravesada polo Texo e polo Guadiana

-As depresións prealpinas, localizadas a ambos os dous lados das cordilleiras alpinas). A súa orixe explicouse pola descomprensión posterior ao levantamentos das cordilleiras, que provocou o afundimento de certos sectores; ou a partir de foxas mariñas pouco profundas que quedaron a ambos lados do xeosinclinal ao se levantaren as cordilleiras alpinas.Depresión do Ebro
Depresión do Guadalquivir


3. A EVOLUCIÓN XEOLÓXICA PENINSULAR

O relevo actual da Península é o resultado dunha longa historia xeolóxica. Nela alternaron fases oroxenicas con outras de calma, nas que predominaron a erosión e a sedimentación.

a) Durante a era arcaica ou Precámbrico emerxeu do mar unha banda montañosa formada por lousas e gneis, que comprendia casetoda a actual Galicia. Tamén xurdiron elevacións en puntos illados do Sistema Central e dos Montes de Toledo. Este macizo precámbrico foi arrasado pola erosión e cuberto case na súa totalidade polos mares paleozoicos.

b) Na era primaria ou Paleozoico tivo lugar a oroxénese Herciniana. Dos mares que cubrín a maioría da Península xurdiron as cordilleiras hercinianas, formadas por materiaissilíceos como granito, lousa e cuarcita. Ao oeste elevouse o Macizo Hespérico. Ao nordés apareceron os macizos de Aquitania, Catalano-Balear e do Ebro, e ao sueste, o Macizo Bético-Rifeño. Todos eles foron arrasados pola erosión durante a era primaria e convertidos en zócolos.

c) A era secundaria ou Mesozoico foi un período de calma no que predominaron a erosión e a sedimentación.

A erosióncontinuou o desgaste dos relevos hercinianos.

A sedimentación depositou materiais, fundamentalmente calcarios, en dúas zonas cubertas polo mar:

-No bordo oriental da Meseta, depositados polas transgresións mariñas.

-Nas foxas mariñas depositáronse enormes espesores de sedimentos.

d) Durante a era terciaria tivo lugar a oroxénse Alpina, que provocou grandes cambios no relevo peninsular:-Levantaronse as cordilleiras alpinas, ao se pregaren os materiais depositados nas foxas mariñas. Así, xurdiron os Pireneos e as cordilleiras Béticas

-Formáronse as depresións prealpinas paralelamente ás novas cordilleiras: a depresión do Ebro, paralela aos Pirineos, e a do Guadalquivir, paralela ás cordilleiras Béticas.

-A Meseta viuse afectada polos empuxes da oroxénese Alpina....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Relevancia
  • Relevamiento
  • El Relevador
  • Relevamiento
  • Relevamiento
  • Relevadores
  • Relevador
  • Los relevadores

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS