o sistemas economicos

Páginas: 7 (1568 palabras) Publicado: 13 de noviembre de 2014
OS SISTEMAS ECONÓMICOS


Todas as economías deben afrontar e resolver os tres problemas básicos de calquera sociedade, é dicir, teñen que tomar decisións sobre:
1. Que bens producir e en que cantidades: haberá que decidir a que necesidades irnos dedicar os nosos recursos escasos: produciranse moitas vivendas de protección oficial ou só vivendas libres?; a sanidade será pública ouprivada?; produciranse bens de luxo ou terán prioridade os bens básicos e necesarios?; canto se investirá en progreso tecnolóxico e en l+D?; incrementaranse os gastos militares ou investirase máis en bibliotecas e bens culturais?; máis bens de consumo para hoxe ou máis bens de produción para aumentar o consumo futuro?
2.-Como se van producir estes bens: posto que existen distintos procedementos, haberáque decidir con que recursos e con que técnicas se producirán: darase prioridade á utilización das tecnoloxías máis avanzadas e con poucos traballadores ou ás máis artesanais e con moita man de obra?; permitiranse técnicas e recursos que danan o medio ambiente ou favoreceranse os métodos máis ecolóxicos?; as empresas serán xestionadas polo Estado ou terán liberdade de actuación?
3. Para quen sevan producir eses bens: unha vez decidido que bens se producirán, debemos decidir como distribuílos: quen vai gozar dos bens e servizos do país? Ou, dito doutro xeito, debe recibir todo o mundo a mesma proporción de bens, ou repartiranse só entre aqueles que os poidan pagar?; teranse en conta as diferentes necesidades?; as diferenzas entre os salarios serán moi grandes ou pequenas?
Aínda queestes tres problemas son comúns a todas as economías, cada sociedade trata de resolvelos de distinta forma.



Para responder estas cuestións existen basicamente tres mecanismos ou sistemas económicos: o mercado a planificación central e os sistemas mixtos De feito, a organización económica da maioría das nacións no noso planeta durante o último século veu marcada por algún destes sistemas..O SISTEMA DE ECONOMÍA DE MERCADO OU SISTEMA CAPITALISTA




Canto ao que se produce, vexamos cun exemplo como se decide cantos auto móbiles deben producirse nun determinado país. Non existen adiviños: é o mercado o que o decide. Millóns de persoas indican o seu desexo de ter un automóbil acudindo aos concesionarios e solicitando automóbiles. As súas compras actúan como sinal para asempresas, que observan as posibilidades de obter máis beneficios. En consecuencia, aumentan a produción de automóbiles. Se os consumidores deixasen de solicitar automóbiles e preferisen outros bens, reduciríase a súa produción (ao desaparecer os beneficios) e incrementaríase a doutros bens.
0.mecanismo de mercado tamén resolve como producir. Para maximizar os seus beneficios, os produtores tratande utilizar os recursos e os métodos de produción que teñan o menor custo posible. Para ¡so observan os prezos vixentes no mercado e elixen os máis baratos.
Finalmente, o mercado tamén decide para quen se producen os bens. Os prezos dos produtos, influídos pola lei da oferta e a demanda, asignan os bens ao mellor ofertante, é dicir, a quen poden pagalos.
No mercado, os prezos e as vendas teñen unpapel fundamental, xa que son os sinais que lles permiten aos consumidores e empresas organizar as súas preferencias e actuar.
Entre as fortalezas da economía de mercado, os seus defensores destacan:
1.- A eficiencia no seu funcionamento. O mercado motiva os individuos a utilizar coidadosamente os recursos e bens escasos, pois os prezos actúan como freo á dilapidación. A súa vez, o mercadopermite obter os bens ao mellor prezo, grazas á competencia existente entre as empresas. Da mesma forma, o mercado logra axustar a oferta total á demanda, conseguindo o equilibrio económico.
2.- A liberdade económica. Tanto as empresas coma as persoas poden elixir libremente que producir ou consumir segundo as súas preferencias ou disponibilidades.
Os seus críticos resaltan os seguintes...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • El derecho economico y los sistemas economicos
  • EL SISTEMA ECONÓMICO Y LOS AGENTES ECONÓMICOS
  • Sistemas economicos y modelos economicos
  • Sistemas económicos
  • Sistema economico
  • Sistema economico
  • Sistema económico
  • sistema economico

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS