O terceiro estatuto.

Páginas: 6 (1429 palabras) Publicado: 13 de septiembre de 2013
A.A.V.V. (Coordinador: LÓPEZ MIRA, Álvaro Xosé): “O terceiro estatuto galego. Propostas desde a Ciencia Política”. Tórculo edicións, Santiago de Compostela, 2006, 416 páxs.


Atravesamos un periodo de intenso e trascendental debate para a reforma do Estatuto galego que xa conta con vinteséis anos. Moito ten mudado a realidade galega dende aquela data de incipiente democracia e, sobre todo,de imberbe estado autonómico, aínda sen tentar verdadeiramente os límites constitucionais e aínda sen a experiencia doutros desenvolvementos autonómicos que xa aprobaran pouco antes os seus estatutos. O cambio socioeconómico é tan acusado que a cuestión estatutaria non se limitará a unha reforma accidental senón que suporá, de facto, a aprobación dunha nova Lei, na que se atopa involucrada toda asociedade galega quen, en definitiva, terá que ratificala por referendo. Por este momento histórico que agora vivimos, a obra é especialmente oportuna (que non oportunista habida conta de que a súa xestación é anterior ó proceso actual) e terá, sen dúbida, repercusión no debate.

Todos os autores que aportan propostas a este volumen, de maneira explícita ou non, coinciden na necesidade dareforma estatutaria. Ese é o punto de partida do tema. Desde esa base, doce analistas políticos mergúllanse en diferentes tanxentes do estatuto para aportar desde a súa experiencia politolóxica e tamén, desde logo, desde a súa convicción ideolóxica, ideas para o actual proceso estatutario.

Así as cousas, calquera que se aproxime a este texto o fará seguramente, nun primeiro momento, comprobando osautores que nela depoñen e visualizando os temas que tratan (temas xunguidos polo nexo estatutario). Respecto dos contertulios, hai que salientar a súa autoritas intelectual, nove profesores de Ciencia política, entre eles un catedrático, un profesor de Dereito, un xurista de sonado renome e un analista profesional. Este feito prestixia de principio unha obra que trata un tema marcadamente popular,público e mediático, e por eso tan dado a ser obxecto de múltiples opinións, cualificadas e non tanto, o cal o enche de carácter democrático pero o priva, en certas ocasións, do rigor académico.

No tocante ós asuntos abordados, a sistemática utlizada é consciente e xa vén advertida polo seu coordinador no limiar da obra, a elección dos temas correspondeu libremente ós escritores e polo tanto aobra non responde a criterios metodolóxicos nin sistémicos propios da ciencia política nin se adapta ó contido e ós parámetros que desenvolverá o Estatuto de autonomía. Non é o seu obxecto analizar os capítulos que regulará a norma e, polo tanto, os estudios que compoñen o libro non seguen unha orde aparente nin se achegan exhaustivamente ó caudal estatutario. Este feito vai en detrimento dovalor científico, que non intelectual, da obra, pero redunda nun sobrado beneficio: habida conta de que todos os autores son auténticos expertos na materia sobre a que disertan as aportacións que aquí fan deberán ser relevantes na negociación política estatutaria. O alcance da obra, xa que logo, é indiscutible.

O libro principia, con grande acerto, por un achegamento ó concepto de galeguidade,acoutando a verdadeira alma do estatuto, facendo un aporte sentimental ineludible cando se está a falar da norma identitaria do noso país. Ó especial significado da galeguidade verbo doutras nacionalidades, sinalado pola “ligazón ao territorio” como expresa o profesor González Mariñas, lle corresponderá marcar sen dúbida o futuro da Norma galega.

De seguido, o catedrático Rojo Salgado adéntrase decheo na controversia da delimitación do modelo autonómico. Non cabe dúbida de que este é un asunto fundamental na reforma dos estatutos periféricos. E elo, como é sabido, porque o contido das Normas autonómicas poden remover os cimentos do Estado autonómico constitucional cos consabidos temores de non poucos, o cal, en definitiva, supón que, como sucedeu co estatuto catalán, a discusión non se...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Terceira Idade
  • estatutos
  • Estatutos
  • ESTATUTO
  • Estatuto
  • Estatutos
  • Estatutos
  • Estatutos

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS