P.Diversificación.Curricular.

Páginas: 5 (1154 palabras) Publicado: 13 de octubre de 2012
ORGANIZACIÓN DO PROGRAMA



INFORME SOBRE AS NECESIDADES QUE XUSTIFICAN A APLICACIÓN DOS PROGRAMAS DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR.


1. PROGRAMA BASE DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR
PRINCIPIOS PEDAGÓXICOS, METODOLÓXICOS E DE ORGANIZACIÓN

1.1. PRINCIPIOS PEDAGÓXICOS.

1.2. PRINCIPIOS METODOLÓXICOS.

1.3. PRINCIPIOS ORGANIZATIVOS.


2. CRITERIOS EPROCEDEMENTOS DE ACCESO E SELECCIÓN DE ALUMNOS/AS.



3. CRITERIOS E PROCEDEMENTOS PARA A AVALIACIÓN E REVISIÓN DO PROGRAMA BASE





I. INFORME SOBRE AS NECESIDADES QUE XUSTIFICAN A APLICACIÓN DO PROGRAMA DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR DE DOUS ANOS: 3º e 4º DA E.S.O.

Marco legal:

A Lei orgánica 2/2006 do 3 de Maio , de ordenación xeral do sistema educativo (L.O.E) estableceno artigo 22 4º que a Educación Secundaria Obrigatoria se organizará de acordo cos principios de educación común e atención á diversidade .
Unha das medidas de atención á diversidade contempladas son os Programas de Diversificación Curricular reflejado no artigo 13 do Real Decreto 1631/2006 do 29 de Decembro e no artigo 15 do Decreto 133 do 2007 do 5 de Xullo , polo que se regulan as ensinanzasde Educación Secundaria Obligatoria.

A Orde do 30 de Xullo do 2007 regula o desenvolvemento dos Programas de Diversificación Curricular na Comunidade autónoma de Galicia :

1.- Para os/as alumnos/as nos/nas que concurran as seguintes circustancias:
▪ Ter dificultades xeneralizadas de aprendizaxe e ter sido obxeto doutras medidas de atención á diversidade, sen que estasresultasen suficientes para a recuperación das dificultades detectadas e atoparse nunha situación de risco evidente de non acadar as competencias básicas e os obxectivos da etapa cursando o curriculum ordinario.
▪ Existir expectativas razoables de que coa incorporación ó programa de diversificación curricular podan acadar as competencias e os obxectivos da etapa .
▪Cumprirse algunha das seguintes condicións:
- Ter cursado o 2º curso da ESO e non estar en condicións de promocionar o curso seguinte e que repetise xa unha vez na etapa.
- Tras cursar o 3º curso da ESO e non estar en condicións de promocionar.
- Tras permanecer un ano mais en 3º da ESO e non superalo.


A diversificación do currículo terán como obxectivo que os/as alumnos/as acaden ascompetencias e os obxectivos xerais propios da etapa.


PROGRAMA BASE DE DIVERSIFICACIÓN CURRICULAR.


O ensino obrigatorio que o sistema educativo establece ten unha dobre finalidade:

1. Ofrecer unha formación básica común.
2. Preparar ó alumnado para a súa incorporación á vida activa ou para acceder á Formación Profesional de grao medio ou ó Bacharelato.

Amaior parte do alumnado finalizará a súa escolaridade conseguindo os obxectivos xerais da E.S.O. a traveso do currículo común. Sen embargo, un determinado número presentará atrancos xeneralizados de aprendizaxe en tal grao que non poidan acadar os obxectivos do curso e do ciclo. Para este alumnado faise necesario artellar unha actuación educativa acorde coas súas necesidades e que, no nosocentro, entre outras medidas, concrétase no Programa de Diversificación Curricular.
Esta medida educativa terá presente a intención non selectiva da E.S.O. e o feito de que ó rematar a escolaridade a obtención do Título estea ó alcance de todo o alumnado. Por iso, o Programa de Diversificación Curricular terá como finalidade que os alumnos e alumnas, mediante unha metodoloxía e contidos adaptados ássúas características e necesidades, acaden os obxectivos xerais da E.S.O. e, polo tanto, obteñan o Título de Graduado na Educación Secundaria.


1. PRINCIPIOS PEDAGÓXICOS, METODOLÓXICOS E DE ORGANIZACIÓN

1.1. PRINCIPIOS PEDAGÓXICOS.

Unha Pedagoxía centrada na diversidade do alumnado debe ter presente que as diferencias individuais non están exclusivamente ligadas ó desenvolvemento das...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS