8

Páginas: 14 (3467 palabras) Publicado: 6 de abril de 2015
8. A poesía épica en Roma
Tivo Roma unha tradición mitolóxica propia?
A Italia primitiva tivo unha organización relixiosa complexa e rica, mais a súa tradición
mitolóxica propia é moito máis pobre que a de Grecia. A civilización romana dá máis
importancia ao rito que ao mito; isto débese ás seguintes razóns:


A maior antigüidade da civilización grega, a súa amplitude e diversidade
xeográfica eas relacións que mantivo con outros pobos (v.g. Hititas,
Exipcios), que lle transmitiron tradicións relixiosas e mitolóxicas.



Amplas zonas da Italia do Sur e de Sicilia foron colonias gregas, de xeito
que o seu patrimonio cultural era máis grego que itálico.



En Grecia, desde a época micénica, as cortes dos reis eran o entorno
principal onde se difundía a tradición épica. Ademais, ascidades-estado
gregas favorecían o desenvolvemento das tradicións e cultos dos supostos
heroes fundadores. A situación de Italia é moi diferente, debido ao
centralismo político e cultural e ao réxime político republicano desde o
século VI até o I a.C.



Os romanos (como os xudeos) tiñan un forte sentido da historia, de xeito
que converteron en historia os seus os mitos primitivos: os antigos deusesitálicos (Saturno, Pico, Latino, etc) transformáronse nos primeiros reis do
Lacio. Rómulo e Numa Pompilio, primeiros reis romanos, forman unha
parella semellante a Cronos-Zeus, ou a Varuna/Mitra, representando
Rómulo/Cronos/Varuna o aspecto violento e creativo da soberanía, e
Numa/Xúpiter/Mitra o seu aspecto pacífico e normativo. Relatos
atribuidos a personaxes históricos (por exemplo, o combateentre Horacios
e Curiacios) son en realidade primitivas lendas atribuidas por outros pobos
a deuses ou personaxes sobrenaturais.



A materia histórica romana estaba demasiado próxima no tempo para ser
susceptible dun tratamento épico convencional. Un contemporáneo da
primeira guerra púnica como foi Nevio dificilmente podía narrar en clave
homérica os sucesos dos que él mesmo fora testigo; en cambio,séculos
máis tarde Silio Itálico sí estaba en condicións de contemplar esta época
como unha auténtica idade heroica.

Tivo o mundo itálico una épica oral?
o Debeu existir durante séculos unha tradición oral (os carmina conuiualia
citados por Cicerón e Varrón), destinada a cantar as fazañas e cualidades
(laudes atque uirtutes) dos homes insignes no contexto do banquete, mais non
conservamosningunha documentación destes relatos1.
Grauissimus auctor in Originibus dixit Cato morem apud maiores hunc epularum
fuisse, ut (…) canerent ad tibiam clarorum uirorum laudes atque uirtutes (Cicero,
Tusculanae 4,2,3)
Catón, autoridade moi seria, dixo no seu libro Orixes que os devanceiros tiveron
nos banquetes o costume de cantar ao son da tibia as louvanzas e as virtudes dos
varóns insignes.

oTradicións populares procedentes de diversas rexións (o Lacio, Etruria,
Campania, etc) inspiraron amplos pasaxes da Eneida e doutras obras (os
Fasti de Ovidio), mais non sebemos de que forma se transmitiron ata seren
recollidos polos historiadores, anticuarios e poetas romanos (épicos ou
tráxicos).
o A partir do século III a.C. os romanos adoptaron en bloque o panteón
grego e os relatos de heroes gregospara o uso literario e relixioso.
Raíces alexandrinas da épica literaria romana
A épica literaria romana xurde no século III a.C. a partir das correntes filolóxicas e literarias
alexandrinas e amparada polos grupos aristocráticos filohelénicos


A Odussia de Livio Andronico segue o ronsel dos traballos críticos dos
filólogos alexandrinos sobre os poemas homéricos.



As Argonautica de Apoloniode Rodas e os epilios de Calímaco (Aitía)
suministran un modelo para a nova épica literaria culta: brevidade,
erudición, refinamento expresivo, interese pola psicoloxía dos personaxes.
Con todo, Homero segue a ser o referente principal tanto para Ennio como
para Virxilio.



Este carácter culto non está en contradicción coa súa dimensión nacional.
Dende as súas oríxes, a épica foi a poesía por...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • 8
  • 8
  • 8
  • 8
  • 8
  • 8
  • 8
  • 8

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS