Acidos Nucleicos

Páginas: 9 (2013 palabras) Publicado: 31 de enero de 2013
M. VARELA IES ROSALÍA DE CASTRO

Ácidos nucleicos
 Os ácidos nucleicos son polímeros formados pola

unión de monómeros chamados nucleótidos.
 Segundo a súa composición hai dous tipos: ADN e

ARN.

Nucleótidos
 Composición:  Base nitroxenada


Púricas



Adenina (A) Guanina (G)
Timina (T) Citosina (C) Uracilo (U)



Pirimidínicas
  

 Pentosa  Ribosa(β-D-ribofuranosa)  Desoxirribosa (β-D-desoxirribofuranosa)

 Ácido fosfórico

Bases nitroxenadas
 Son compostos heterocíclicos
(compostos orgánicos cíclicos nos que ao menos un dos elementos do ciclo non é o C), que conteñen N.

 A , G e C atópanse en todos os ácidos nucleicos.

 T atópase só no ADN e U atópase só no ARN.
 As bases púricas derivan do anel de purina e as pirimidínicasda

pirimidina.

purina

pirimidina

Bases púricas

Adenina

Purina

Guanina

Bases pirimidínicas
Citosina

Timina

Pirimidina

Uracilo

Pentosas e ácido fosfórico

Nucleósidos
 Un nucleósido fórmase pola unión dunha pentosa e dunha base

nitroxenada mediante un enlace N-glicosídico. Despréndese unha molécula de auga.
 A unión realízase entre o C1’ da pentosa eo N que está na posición 1 se a

base é pirimidínica ou na posición 9 se a base é púrica.

Nucleósidos

citidina

guanosina

desoxitimidina

Nucleótidos
 Fórmanse pola esterificación da

pentosa dun nucleósido con ácido fosfórico, desprendéndose unha molécula de auga. A unión prodúcese entre calquera

hidroxilo

da

pentosa,

máis

habitual os da posición 3’ ou 5’,mediante un enlace éster co

ácido fosfórico (ión fosfato).
Algúns nucleótidos están unidos

a dous ou máis grupos fosfato.

Exemplos

ADN (DNA)
 Polímero formado por nucleótidos.
 Composición química:
 Pentosa: desoxirribosa
 Bases nitroxenadas: A, T, G, C  Ácido fosfórico

 Localización:
 Núcleo de células eucariotas  Nucleoide de células procariotas

 Interior demitocondrias e cloroplastos

 Funcións:
 Portador da información xenética

 Controla o funcionamento celular

Estruturas do ADN
 O ADN ten diferentes nivéis de complexidade.

Presenta estrutura primaria e secundaria.
 Pódese asociar a proteínas nucleares e adoptar

estruturas superenroladas ou empaquetadas, o que equivalería a unha estrutura terciaria.

Estrutura primaria do ADN Constituída pola secuencia de desoxirribonucleótidos dunha soa

cadea unidos entre si mediante enlaces fosfodiéster. O enlace fosfodiéster fórmase entre o grupo fosfato situado no carbono 5’

dun nucleótido e o grupo hidroxilo do carbono 3’ do seguinte
nucleótido.
 A cadea presenta dous extremos libres: o 5’, unido ao grupo

fosfato, e o 3’ unido ao grupo hidroxilo.
 A diferenzaprincipal entre dúas cadeas de ADN radica na

secuencia de bases, tamén no tamaño e na súa composición.

Estrutura secundaria
 A estrutura secundaria foi determinada por Watson e Crick en

1953.
 Estudos anteriores determinaron: a) Unha equivalencia de bases: para unha mesma especie A=T e

G=C ou o que é o mesmo A+G/T+C=1 . (Regra de Chargaff ).
b) A densidade e viscosidade das dispersiónacuosas do ADN eran

superiores ás esperadas (unión de cadeas mediante enlaces de ponte de hidróxeno)
c) O ADN ten unha estrutura fibrilar e na molécula hai estruturas

que se repiten cada 0.34 e 3.4 nm. (difracción de raios X).

Rosalind Franklind

Modelo da dobre hélice do ADN

1 Å = 1 x 10-10 m = 0,1 nm 1 nm =1 x 10-9 m = 10 Å

 O ADN é unha dobre hélice de 20 Å de diámetro(2nm), formada por

dúas cadeas de polinucleótidos enroladas plectonímicamente unha sobre a outra (as 2 cadeas non poden separarse sen desenrolarse) e
de forma dextroxira.
 Os grupos hidrófobos das bases dispóñense cara ao interior da

molécula, establecéndose interaccións hidrofóbicas que xunto cos
enlaces de ponte de hidróxeno proporcionan estabilidade á macromolécula.
 As pentosas e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Acido nucleico
  • Acidos nucleicos
  • ácidos nucleicos
  • acido nucleicos
  • acidos nucleicos
  • acidos nucleicos
  • acidos nucleicos
  • ÁCIDOS NUCLEICOS

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS