alexandra

Páginas: 22 (5289 palabras) Publicado: 10 de enero de 2015
TÍTULO: Alexandra
AUTORA: Lola Gándara
SINAPSE: Todo comezou coa desaparición de Alexandra, una noite de concerto. Ao tratar de atopala, descubrín ata que punto se metera nas nosas vidas. Pero en cada un de nós, Alexandra era diferente e nada tiña que ver xa coa rapaza que compartiu un tempo da nosa existencia. Tirei da madeixa do misterio e atopei unha historia do pasado que sacudiu os meuscimentos... Certamente, esta é unha novela de misterio que nos arrastra xunto cos seus protagonistas a un proceso de pistas e investigacións, ata conseguir desenmascarar a verdade que oculta o personaxe de Alexandra, atrapada por unha traxedia do pasado que volveu aflorar agora.
Capítulo un:
Raquel pídelle os apuntes de filosofía a unha tal Patri que aínda non teño moi claro quen é. Esta mesmarapaza quéixase do esmalte que a súa amiga lle pintara nas unllas e non deixa de pensar no concerto que vai ir a ver cos seus compañeiros e alégrase de que os seus pais lle deixen quedar ata as tres alí. Despois fálase sobre o concerto; Raquel, Diego e seguramente Patri tamén, están xa no recinto, esperando por Xabi e Alexandra. Como non os ven, eles van aos seus sitios e céntranse na música. Nodescanso, Patri e Diego van a por uns bocatas e o camiño de ida e de volta resúltalles unha odisea. Ao final, tiveron que sentarse xunto a unhas mozas con vestimenta hippy xa que non podían avanzar máis. Á saída volven con Raquel, que pregunta por Xabi, que polo que eu entendín, deixouna plantada e foise con Alexandra, a quen o mozo estaba a buscar porque viñera nunha moto cun guitarrista e aínda nonchegara. Na porta atopan aos dous, a Xabi e a Alexandra, e comentan xuntos o concerto. Ás dous da mañá, coñecen fóra a un tipo de COU que é o da guitarra, o que trouxera a Alexandra. De súpeto, estes dous comezan a cantar e todos quedan alucinados pola voz de Alexandra e o ben que queda coa melodía da guitarra. Cara ás catro, a cousa decae e en vez de cantar, só circulan porros. Xabi e Alexandradiscuten e ela vaise camiñando entre as árbores. Patri decide irse á súa casa cando van da-las seis.
Capítulo dous:
Ás nove da mañá, a nai de Patri entra no se cuarto co teléfono xa que un rapaz chama por ela dicindo que é urxente. O rapaz é Xabi e dille que cree que pasoulle algo a Alexandra. Tamén lle informa de que está na cafetería de en fronte da casa de Patri así que pídelle que baixepara falar mellor. Alí cóntalle que cando ela marchou, el e mais Alexandra estaban bailando na pista mentres Diego e Raquel ían cara a barra, ata aí todo normal, pero cando empezaron con pop, Alexandra díxolle que ía ao baño e que a esperase na barra, pero ela non volveu, cousa que lles fixo preocupar aos tres mozos e foron ao baño a buscala pero non estaba. Dille que el estivo ata agora buscándoapero nada. Ao final, Patri convénceo para que vaia durmir unhas horiñas e que xa vería como non era nada e á noite estarían a rirse deste asunto. Ao chegar á súa casa, Patricia ten medo das consecuencias que vai ter o haber chegado tan tarde e irse a xunto Xabi sen o permiso da súa nai. As oito da tarde Raquel chama a Patri e falan sobre o de Álex, e ás nove, é a quenda de Diego que tamén lle faladiso. Ás once, a voz de Xabi soa insegura mentres lle conta a Patri que está moi nervioso e preocupado e que aínda por riba, Alexandra está sen o teléfono porque o ía a cambiar. Patri contéstalle que o luns, en canto cheguen ao instituto, falaran con ela e pediranlle explicacións.
Neste capítulo, temos o punto de vista de Diego, que narra un cachiño sobre as súas preocupacións, centradas na súacarpeta que levaba Alexandra na bulsa xa que alí levaba o sobre coas 25.000 pesetas que a súa nai déralle antes de ir ao concerto. Empeza a sospeitar dela, cosa que non fixera antes con ninguén, pero non quere dicirllo a ningún dos seus amigos. Confesa que a principios de curso el estaba toliño por ela pero que el só era un catro ollos e considera normal que ela fóra con Xabi en vez de con el....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Alexandra
  • Alexandre
  • Alexandra
  • alexandra
  • alexandras
  • alexandra
  • Alexandra
  • Alexandra

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS