Biografía Aristóteles Galego

Páginas: 2 (253 palabras) Publicado: 10 de diciembre de 2012
Aristóteles foi un filósofo macedónico nacido en Estaxira no 384 a.C e falecido en Calcis en 322 a.C
Era fillo de Nicómaco, médico do rei de Macedonia.
Osatenienses desta época considerábanse os verdadeiros gregos e, polo tanto, rexeitaban aos que consideraban estranxeiros.
Aristóteles chegou cuns dezaoitoanos á Academia de Platón, mandado polo seu pai. Alí pasou vinte anos da súa vida.
Máis tarde, el mesmo creou unha nova escola: o Liceo.
Fundouno na súavolta a Atenas no 336 a.C tras uns anos fóra exercendo como preceptor do fillo de Filipo II de Macedonia, Alexandre Magno.
Debido á inestabilidade política e ásúa acusación de impiedade trasladouse a Calcis, onde finalmente morrería.
O Liceo tivo unha orientación empírica, en contraposición coa Academiaplatónica.
Aristóteles, pois, foi un platónico que logo rexeitou elementos da filosofía do seu mestre como a Teoría das Ideas ou a identificación dos saberesteórico-práctico. Como curiosidade atribúeselle a frase “son moi amigo de Platón, pero máis amigo da verdade”
Segundo Platón, o sabio é o que alcanza a coñecer oBen, coñecemento no cal culmina o saber teórico e se asenta o práctico.
Aristóteles mantivo a distinción esencial de ambas fromas do saber.
En canto aoestilo, Platón escribeu de forma diálogada e, Aristóteles, pola contra, escribeu tratados abordando múltiples cuestións. Así pois, en Aristóteles non se atopa abeleza literaria dos textos platónicos.
Cabe mencionar que Aristóteles non posuía unha mentalidade matemática coma o seu mestre, senón máis ben de biólogo.
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • biografia aristoteles
  • BIOGRAFIA DE ARISTOTELES
  • Aristoteles Biografia
  • Biografía Aristoteles
  • Biografia Aristoteles
  • Biografia de aristoteles
  • Biografia : Aristoteles.
  • biografia de aristoteles

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS