Cando Alfonso XIII pasou por Arbo

Páginas: 4 (847 palabras) Publicado: 29 de enero de 2015
CANDO ALFONSO XIII PASOU POR ARBO


O feito de que o trazado da liña de ferrocarril Ourense-Vigo pasara por Arbo tivo unha grande importancia no pasado para a localidade. Como é sabido un barrionaceu ó seu carón, barrio que se conformou como polo de atracción comercial e dinamizou a vida económica do Concello durante décadas. Esta circunstancia de que a circulación ferroviaria tivese unhaparada en Arbo, en gran medida colaborou a poñelo “no mapa” e deu lugar a algunhas “visitas” impensables noutras circunstancias. Sobre unha delas, á do Rei “Alfonso XIII” vai tratar esta colaboración.A primeira fotografía que ilustra a reportaxe é testemuña fiel dun suceso que foi todo un acontecemento no Arbo da época. Nela se observa ó monarca asomándose na portezola do “voiture restaurant”–coche restaurante- do tren real, vagón pertencente á “Compagnie Internationale des Wagons-Lits”, mentres se arremolinan ó seu redor unha multitude de persoas, autoridades, e unha compañía de nenosvestindo o que parece o uniforme da garda real, dos que unha parte conforman unha banda de música que toca os seus instrumentos e outra presenta “armas”. Non se aprecia na foto se reais ou de madeira.
Noreverso do orixinal da fotografía figura a seguinte lenda: “Paso de su majestad el Rey por la estación de ferrocarril de Arbo el 29 de septiembre de 1927”


Este paso de Alfonso XIII por Arbo estácontextualizado na visita que o monarca fixo a distintos lugares de Galicia en 1927. O día 28 de setembro dese ano os reis chegan procedentes de Marín ó porto de Vigo a bordo do acorazado Jaime I. Traspasar revista ás forzas que rendían honores, a comitiva real percorreu as rúas Montero Ríos, Colón, Policarpo Sanz, Porta do Sol ata desembocar na Colexiata, onde se rezou un solemne “Te Deum”,celebrándose posteriormente unha recepción oficial na Casa Consistorial. A continuación desprazáronse a inaugurar o monumento ó prócer García Barbón na rúa que tamén leva o seu nome, concretamente na...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Alfonso XIII
  • Alfonso XIII
  • Alfonso XIII
  • Alfonso XIII
  • Alfonso xiii
  • Alfonso Xiii
  • Alfonso xiii
  • Alfonso XIII

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS