Comentario de Kant texto PAU

Páginas: 8 (1802 palabras) Publicado: 7 de mayo de 2014
COMENTARIO KANT. TEXTO 3.

KANT–texto 3
Crítica da razón pura (1787)

Seguinte
De que o noso coñecemento comeza coa experiencia, diso non hai dúbida; pois, ¿por que outro medio ía espertar a facultade de coñecer para o seu exercicio como non fose polos obxectos que tocan os nosos sentidos, que por unha banda provocan por si mesmos representacións e, por outra, poñen en movemento a nosaactividade intelectiva para comparalas, ligalas ou separalas, transformando deste xeito a materia bruta das impresións sensibles en coñecemento dos obxectos que chamamos experiencia? Non hai, pois, na orde do tempo ningún coñecemento que preceda en nós á experiencia e con ela comeza todo coñecemento. Mais, aínda cando todo o noso coñecemento empece coa experiencia, non por iso todo el procedeexactamente da experiencia. Pois ben podería ser que mesmo o noso coñecemento empírico fose un composto do que recibimos a través das impresións e do que a nosa propia facultade cognoscitiva (apenas estimulada polas impresións sensibles) produce por si mesma, engadido este que nós non poderemos distinguir daquela materia prima antes de que un longo exercicio chame a nosa atención sobre iso e nos fagahábiles para levar a cabo a súa separación. Hai pois, cando menos, unha cuestión necesitada dunha máis minuciosa investigación e que non se pode despachar cunha primeira ollada: a de se hai semellante coñecemento, independente da experiencia e ata de todas as impresións dos sentidos. Tal coñecemento denomínase a priori e distínguese dos empíricos, os cales teñen as súas fontes a posteriori, é dicir,na experiencia. I. KANT, Crítica da razón pura (1787).




O pensamento kantiano representa un intento de superar as dúas correntes filosóficas fundamentais da Idade Moderna: o Racionalismo e o Empirismo. Pero a súa obra non se limita a esta síntese, senón que constrúe o punto de unión dos fíos máis importantes do pensamento e a cultura moderna. Situábase Kant, na súa chegada aomundo filosófico, no cruce das tres grandes correntes ideolóxicas do XVIII; o Racionalismo de Leibniz, por outra parte o Empirismo de Hume e, en terceiro lugar a ciencia físico- matemática que Newton acababa de establecer. Kant situouse na mestura destas correntes e delas sacou os elementos fundamentais para poder plantexar dun modo eficaz e concreto o problema da teoría do coñecemento e seguidamenteo problema da metafísica (K. plantexarase 3 preguntas fundamentalmente, “Como é posible a matemática pura?”, “Como é posible a ciencia natural pura?” e “ É posible a metafísica como ciencia?”). Kant, nesta encrucillada, representa ao home que ten na súa man todos os fíos da ideoloxía do seu tempo. Un tempo que coincide coa Ilustración, un movemento que reduce todas as preguntas en unha, “que é ohome?”. A investigación filosófica fundamental consistirá en determinar cales son as posibilidades e os límites da razón humana. Outro concepto clave é a natureza e a maior dificultade será concordar estes dous conceptos tendo como resultado unha concepción científica do universo e respectando a liberdade humana.

En palabras de Kant, a Ilustración é “ a saída do home da súa minoría de idade, dacal el mesmo é culpable”. Define minoría de idade como a falta de autonomía do home para servirse do seu, así ése culpable da minoría de idade cando esta non ven provocada pola ausencia de entendemento, senón pola ausencia de decisión e valor para servirse del sen a dirección de outro. Kant concibe como lema da Ilustración “¡Sapere aude! Ten o valor de servirte do teu propio entendemento!” Peromoitos homes seguen na súa minoría de idade por covardía e preguiza. É moi cómodo que pensen por un, ademais, o paso á maioría de idade supón un paso perigoso e Kant confía na existencia duns titores que pensen por si mesmos, e que tras desfacérense da minoría de idade, propagarán o desexo de saír dela.

Kant, lembrando a encrucillada de ideas na que se atopa, decide afastarse do dogmatismo...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • comentario de texto PAU
  • Comentario PAU texto de ARISTÓTELES
  • Comentario de texto filosofia ´kant
  • Tema Comentario de texto Kant
  • Comentario Texto Kant
  • Comentario Texto Kant
  • KANT COMENTARIO DE TEXTO RESUELTO
  • Comentario De Texto Kant

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS