Comentario de texto historico

Páginas: 5 (1178 palabras) Publicado: 12 de noviembre de 2011
COMPOSICIÓN Nº1: A CRISE DO ANTIGO RÉXIME (1788-1833)
Neste conxunto de textos temos que abordar o reinado de Fernando VII e os problemas do absolutismo vs o liberalismo. A guerra a Francia por parte de España fíxose debido a execusión do monarca Luis XVI. A derrota das tropas españolas foi inevitable e a paz de Basilea subordinou España aos intereses franceses. A política española tivo quepactar con Francia xa que tiña moito medo a enfrentarse co exército napoleónico. A batalla de Trafalgar (1805) constituíu o feito máis relevante. A armada francoespañola supuxo a perda de case toda a flota de Carlos IV. Esta perda tivo como consecuencia a crise da Facenda Real xa que reducíu os ingresos por culpa do descenso do tráfico marítimo. Godoy, militar o que Carlos IV confioulle o poder,presentou refomas co fin de conseguir recursos para o Estado. Estas medidas provocaron unha amplia oposición. A igrexa e o clero non estaban dacordo con estas medidas. Por outra parte a xente de clase inferior víase afectada por epidemias, fame e máis a escaseza de artículos do mercado interior. Estes problemas foron atribuídos a Godoy, o que nomearon responsable da situación de crise. Esta situaciónlevou a Godoy a firmar un tratado en 1807 con Napoleón, o chamado Tratado de Fontainebleau. Este tratado autorizaba os exércitos napoleónicos a entrar en España para atacar Portugal. Este pacto traía consigo una repartición de Portugal entre Francia e España. O 18 de marzo de 1808 estalou un motín en Aranjuez. Este motín tivo a participación popular que, dirixido pola nobreza e máis o claroperseguían a destitución de Godoy e a abdición de Carlos IV no seu fillo Fernando. Este motín conseguiu os seus obxectivos pero trouxo consigo unha crise profunda na monarquía española. Carlos VI escribiulle a Napoleón co fin de pedirlle axuda para recuperar o seu trono (pódese ver no texto adxuntado).Napoleón nomeu o seu irmán Xosé como rei de España e convocou a Cortes co fin de aprobar unhaconstitución que acabase co Antigo Réxime. O novo código de Baiona recoñecía a igualdade dos españois ante a lei, os impostos e o acceso aos cargos públicos. Xosé Bonaparte iniciou unha experiencia reformista que pretendía a liquidación do antigo Réxime. (Doc.1) Napoleón quería conquistar toda España e esto tivo como consecuencia a resistencia de ciudades que impedían o avance do exército francés cara aoLevante. Napoleón dirixuse a España cun grande exército que en catro semanas logrou derrotar a resistencia do avance. En xaneiro de 1809, Xosé I entraba de novo en Madrid e durante 1809 o dominio francés estendeuse por todo o territorio español. A Xunta Suprema Central amosárase incapaz de dirixir a guerra e decidiu disolverse non sen antes iniciar un proceso de convocatoria de Cortes para que osrepresentantes da nación decidisen sobre a súa organización e o seu destino. Unha comisión das Cortes preparou o proxecto de Constitución desde marzo de 1811 e promulgouse o 19 de marzo de 1812. Era un texto largo, de 384 artigos, estes contiñan unha declaración de dereitos do cidadán. A estructura do estado correspondía a unha monarquía limitada, baseada na división de poderes e non no dereitodivino. No poder lexislativo as Cortes unicamerais representaban a vontade nacional e posuían amplos poderes. O sufraxio era universal masculino e indirecto. O monarca era a cabeza do poder executivo. A administración de xustiza era competencia exclusiva dos tribunais e establecíanse os principios básicos dun Estado de dereito. Esta Constitución axudou a intentar eliminar o Antigo Réxime e

ordenadoro Estado como un réxime liberal. Houbo supresión dos señoríos xurisdicionais distinguidos dos territorios. Votouse a abolición da Inquisición cunha forte oposición dos absolutistas e do clero. Este primeiro liberalismo marcou as liñas básicas do que debía ser a modernización de España. (Doc.2) Fernando regresou a Madrid en marzo de 1814. Os absolutistas (nobreza e clero) sabían que a volta do...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • comentario de texto historico
  • Pautas comentario de texto historico
  • Comentario Texto Histórico
  • Guía De Comentario De Texto Históricos
  • Comentario de texto histórico
  • comentarios de textos historicos
  • Comentario de texto histórico
  • comentario de texto histórico la nacionalidad catalana

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS