CONTEXTO BARROCO musical (gallego)

Páginas: 8 (1766 palabras) Publicado: 6 de mayo de 2015
BARROCO

Contexto histórico:
O Barroco é o período artístico que abrangue o século XVII e a primeira metade do século XVIII . Na música, marcamos o inicio (1600) co estreno da 1ª ópera conservada (Eurídice de Jacopo Peri e Giulio Caccini), e o final (1750), co ano da morte de Johann Sebastian Bach. Neste período os artistas xa non buscan o ideal de beleza, senón que nas creacións intentanexpresar máis a parte sentimental; para iso buscan efectos de dramatización a través da técnica da monodía acompañada, o contraste entre grupos instrumentais ou vogais, a alternancia de tempos rápidos e lentos, a oposición de dinámicas forte/suave, a ornamentación recargada das melodías…

2.- Características xerais na música:
-Independencia entre a música vogal e instrumental
-Esplendor da músicaescénica: ópera
-Aparición da orquestra e perfeccionamento dos grupos de cámara
-Aparición dun ritmo moi marcado
-Supremacía da música profana sobre a música relixiosa
-O compositor practica todos ou casi tódo-los xéneros da súa época.
2.1.- Música vogal profana:
A pesar de que nesta etapa se seguen cultivando formas musicais herdadas do Renacemento, orixínase unha nova técnica de composición coñecidacomo monodía acompañada, e que consiste na presentación dunha voz principal, deixando ás demais subordinadas ao acompañamento do canto. Esta técnica será empregada tanto na música vogal como na instrumental; e, ademais de supoñer un troco na estrutura melódica-horizontal, hacia unha estrutura acórdica-vertical, implicará tamén a aparición dunha nova voz que fai de base harmónica: o baixo continuo.O nacemento da ópera:
A ópera xurde en Florencia, dando lugar á Camerata Fiorentina, que reunía a nobles, sabios, filósofos, poetas e músicos...chegando entón este a ser , o berce da ópera. A música nestes intres, busca reforzala expresión da palabra, así pois, a intelixibilidade do texto será un dos elementos principais dentro das composicións. A primeira ópera conservada é Eurídice de JacopoPeri. Nembargantes, a considerada como primeira gran ópera é “Orfeo” de Monteverdi, estreada no ano 1607.

Características da ópera:
É unha forma musical narrativa que emprega a representación escénica.
Desenvólvese en varias partes:
-obertura: sección instrumental que da comenzo á obra.
-partes cantadas por coros e solistas: en función do contido do texto os solistas poden cantar en estilo aria(melodías expresivas) ou recitativo (texto declamado).
-interludios instrumentais que se intercalan artellando as distintas partes da obra.

Tipos de ópera:
1.- Ópera seria: argumentos baseados en temas mitolóxicos e heroicos, será o xénero preferido da aristocracia. A este tipo pertencen as primeiras óperas. Destacan:
Antonio Cesti, Alessandro Stradella, Alessandro Scarlatti e Georg FriedrichHaendel.
2.- Ópera bufa: argumentos que reflicten a vida cotiá do pobo, con frecuencia cunha crítica social ás clases altas. Carácter popular, música sinxela, sen castrati nin bel canto. Unha das obras máis representativas é “A serva padrona” de Giovanni Battista Pergolesi.

A ópera convertirase nun dos xéneros máis importantes do Barroco, que irá adoptando características peculiares en cadanación:
En Francia a chamada “tragédie lyrique” terá o seu máximo expoñente na obra de Jean
Baptiste Lully.
En Inglaterra a ópera senta as súas bases coa obra de Henry Purcell Dido e Eneas.
En Alemaña a adaptación da ópera bufa dará lugar ao “singspiel”.
En España a ópera chamarase zarzuela, debido que comenzou a representarse no actual
Pazo da Zarzuela, e consistía na sucesión de partes faladas ecantadas.

2.2.- Música vogal relixiosa:
A música relixiosa segue tendo un grande peso durante o Barroco. Se en música vogal profana o inicio do Barroco está determinado pola aparición da “monodía acompañada”, na música vogal relixiosa é o uso do “policoralismo” o que marca o novo estilo que se vai a desenvolver.

O policoralismo xurde na igrexa de San Marcos de Venecia, cuxo espacio arquitectónico...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Barroco Musical
  • contexto barroco
  • CONTEXTO BARROCO
  • Caracteristicas Del Barroco Musical
  • ANALISI MUSICAL El barroc
  • Formas musicales del barroco
  • Textura musical a principios del barroco
  • Pensamiento Musical Barroco e Ilustración

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS