Contexto Filosofía Moderna (Gallego)

Páginas: 6 (1494 palabras) Publicado: 12 de marzo de 2013
Desde o punto de vista histórico o comezo do Renacemento fíxase en 1453 (toma de Constantinopla polos turcos) ou en 1492 (descubrimento de América por Cristobal Colón), mais desde o punto de vista filosófico, comeza en 1401 co nacemento de Nicolás de Cusa, e remata en 1600 coa morte na fogueira de Giordano Bruno. Os séculos XV e XVI son un período de transición entre a filosofía medieval e amoderna; existe unha prolongación dos procesos iniciados no S. XIV. A sociedade transformarase: no plano técnico perfeccionáronse os instrumentos e fixéronse descubrimentos (cartografía, instrumentos de cálculo e navegación, brúxula, pólvora, imprenta); no plano político consolidáronse os estados nacionais e as monarquías absolutas; no económico-social naceu e creceu a burguesía; no intelectualcontinuouse co humanismo literario iniciado por Petrarca e asimiláronse os autores gregos. Hai tres grandes forzas culturais que operan no Renacemento: o humanismo (nova imaxe do ser humano), a reforma protestante (libre exame das Escrituras Bíblicas) e a revolución científica (nova imaxe da natureza).
O HUMANISMO: o interese pola cultura grecolatina fixo rexurdir os sistemas filosóficos gregos, cuxosautores serán traducidos e comentados polos filósofos humanistas desde novos e orixinais puntos de vista. Hai tres grandes correntes filosóficas: platonismo (Marsilio Ficino e Pico della Mirandola), aristotelismo (Pedro Pomponazzi) e escepticismo (Michel de Montaigne, Charron e Francisco Sánchez). A actitute humanista é radicalmente antropocéntrica, cun desexo de atopar un modelo de ser humanodistinto do medieval, liberado da incultura e da mediocridade. O humanismo caracterízase por unha insistencia en educar as capacidades naturais do ser humano e o desenvolvemento da personalidade individual, pola primacía concedida aos valores estéticos e a atención progresiva ao mundo corporal, e por un individualismo e unha centralidade no individuo no plano social, histórico e vital. O centro daatención filosófica desprázase de Deus ao ser humano, que será o centro de referencia absoluto de toda a realidade. O antropocentrismo renacentista é naturalista, referido ao ser humano, é unha actitude que acentúa os aspectos naturais do ser humano fronte á súa dimensión e destino sobrenatural.
O aristotelismo de Pomponazzi implica a negación da inmortalidade persoal. Supón unha invitación aoser humano concreto a practicar a virtude por si mesa e non polos supostos premios nunha vida sobrenatural. O naturalismo dos aristotélicos renacentistas tamén se aprecia na tendencia a suprimir toda suxeición do universo a Deus. Caracterízase pola exaltación da natureza en si mesma, da súa forza e valor intrínsecos, que afan digna de consideración e estudo por si mesma.
O platonismo renacentistanon ten nada que ver co medieval nin coa interpretación de Agostiño de Hipona. Lese en Platón unha especie de relixión nautral, diferente á interpretación do cristianismo; exáltase ao ser humano e á súa dignidade (Pico della Mirandola). Respecto á dignidade humana suliñaremos que o trazo característico da concepción cristiana do ser humano é a súa negación do intelectualismo moral: o pecado non éresultado da ignorancia, senón da liberdade do ser humano e da corrupación orixinal da natureza humana. O ser humano non é “case libre” para facer o ben, e, polo tanto, necesita a graza. Con ella, “case” non é libre para facer o mal. Podemos pensar que a liberdade é anulada tanto se o ser humano posúe graza como se non a posúe. Se a posúe non é libre para facer o mal, pero se non a posúe non élibre para facer o ben. Intentouse buscar un equilibrio entre pecado e graza, e estourará no Renacemento. Segundo os humanistas, o ser humano é dono do seu propio destino e é el mesmo quen, libre e autonomamente, determina a súa propia conduta. Isto é exaltado por Pico della Mirandola no Discurso sobre a dignidade do home. As características do ser humano son a centralidade cósmica, a capacidade de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Contextos Filosofia
  • Contextos filosofia
  • Filosofia; modernidad y post modernidad
  • Filosofia modernidad y pos modernidad
  • Filosofia Moderna
  • filosofía moderna
  • Filosofia moderna :)
  • Modernidad Filosofia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS