Cosasss

Páginas: 21 (5148 palabras) Publicado: 20 de octubre de 2011
Prehistoria de España
As raíces históricas de España:
Os inicios do poboamento peninsular e as primeiras culturas
• A modo de introdución.-
• O Paleolítico: os importantes achádegos da Serra de Atapuerca en Burgos:
– Contextualización Xeral e Industria lítica.-
– Na procura dos nosos devanceiros: África:
• África, berce da Humanidade.-• A evolución humana en panorámica xeral.-
• A evolución humana durante o Pleistoceno.-
• “El Pleistoceno Medio en Europa” (TEXTO)
• “La sorpresa: el primer europeo, 1994” (TEXTO)
• “Caníbales: las pruebas” (TEXTO)
• “La gente de la Sima: la evidencia Anteneandertal” (TEXTO)
• “La Sima de los Huesos”(TEXTO)
• “Los Neandertales” (TEXTO)

• O Epipaleolítico.-
• O Neolítico.-
• O Calcolítico.-

• O Megalitismo en Galicia. O Vaso Campaniforme. A Idade de Bronce.-

AS RAÍCES HISTÓRICAS DE ESPAÑA. A modo de introdución.-
• Achegarse ó coñecemento das diferentes culturas que se desenvolveron na PI e nas illas Baleares e Canarias con anterioridade ó ano1000 a.C. non constitúe unha doada tarefa.
• Por outra banda, a disposición e compartimentación do relevo peninsular e insular favoreceu o desenvolvemento de numerosas culturas coetáneas con escaso contacto entre elas, capaces de desenvolver trazos propios e característicos que dificultan aínda máis o estudio globalizador e integrador de determinadas etapas históricas.
• A denominación deEspaña sería empregada por primeira vez polos navegantes fenicios, ós que lle chamaría poderosamente a atención a gran cantidade de coellos que se observaban por tódalas partes. Velaí que a chamaran i-sepham-im, ou o que é o mesmo, o país dos coellos, procedente da palabra , coello.
• Posteriormente serían os romanos os que seguirían empregando a denominación fenicia de “Hispania” parareferirse á totalidade dos territorios da Península Ibérica que caeron baixo o seu dominio.
• Con anterioridade, os gregos denominaran “Iberia” a esta zona ubicada nos confíns do Mediterráneo, palabra alusiva á terra do río Iber, por un pequeno curso fluvial ubicado na provincia de Huelva (probablemente o río Pedras ó que posteriormente destronaría o Ebro, chamado tamén Iber).
• Respecto a“Gallaecia”, os romanos designaron con este nome a aquelas zonas situadas ó norte do río Douro mentres que polo leste os límites sobrepasaban as demarcacións administrativas existentes na actualidade.

O Paleolítico: os importantes achádegos da Serra de Atapuerca en Burgos
Os inicios do poboamento peninsular e as primeiras culturas: Contextualización xeral e Industria lítica
• A PenínsulaIbérica comezaría a ser poboada pola especie humana hai aproximadamente un millón de anos.

• As condicións ecolóxicas existentes naqueles intres eran sensiblemente diferentes ás actuais xa que o clima amosaba unhas características térmicas máis frías debido á influencia de catro glaciacións sucesivas.

• Cara ó décimo milenio antes de Cristo terían lugar unha serie de cambios climáticosmoi trascendentais propias dun período interglacial coñecido co nome de holoceno: o incremento das temperaturas provocaría unha ampliación dos espazos boscosos mediterráneos e atlánticos.

• O coñecemento do proceso de hominización na península ibérica aparece hoxe en día moito máis clarificado gracias ós importantes achados de restos fósiles atopados no xacemento burgalés de Atapuerca onde ospaleontólogos teñen identificado os restos máis antigos coñecidos en Europa occidental de individuos pertencentes ó primeiro grupo humano que comezaría a poboar este continente hai uns 800.000 anos é ó que denominarían co nome de Homo Antecessor (explorador).

• Noutro xacemento da Serra de Atapuerca coñecido co nome de Sima dos Ósos (Sima de los Huesos) identificaríanse tamén restos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Cosasss
  • cosasss
  • Cosasss
  • cosasss
  • Cosasss

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS