Cuestión Catalana

Páginas: 5 (1136 palabras) Publicado: 12 de octubre de 2015
A psicoloxía de masas inherente ao sentimento independentista catalán
+ comentario crítico de texto acerca do artigo base

(“Cataluña: la encrucijada” - Antonio Elorza, diario El País, 18/09/2015)

por Jaime Alexandre Rodríguez González (1º Socioloxía)


1. A psicoloxía de masas inherente ao sentimento independentista catalán

Dende o comezo do século XXI, e, especialmente, da últimadécada cara esta parte, o independentismo catalán (unha tendencia existente, en maior ou menor medida, na sociedade dese territorio dende a conformación efectiva do reino de España ao unírense a Coroa de Castela e a de Aragón) estivo recobrando forza ata chegarnos aos extremos deste ano, onde o independentismo é a aposta política de case un 50% da xente de Catalunya.

Este brutal incremento nosúltimos dez anos non é casual. Non deixa de ser certo que a consciencia do independentismo, calada na mentalidade colectiva do pobo catalán dende fai moito tempo, foi un bo punto de apoio para as aspiracións de moitos e moitas políticas de medio pelo, que a empregaron xa como elemento de presión durante o governo de Zapatero. Non obstante, coa chegada do PP ao poder en 2011 (partido reacionario,españolista e, por ende, centralista por excelencia), o independentismo pasou de ser un elemento de presión pasivo a selo activo. Que pretendo dicir con isto? Quero dicir que, mentres que, dende os medios de comunicación de masas españois esforzáronse en dar unha visión de Catalunya de radicais independentistas antiespañois (estimulando a aversión do resto de habitantes do Estado cara o pobo catalán),na propia Catalunya os mass media fixeron o propio, fomentando a creación dunha marisma independentista, ao que se sumaban os ataques e o rexeitamento provintes do resto do Estado. Irónicamente (ou conscientemente, quen pode sabelo), os mesmos media estatais antiindependentistas aumentaron o sentimento de exclusión no pobo catalán respecto ao Estado no que viven, co que afianzaron aquilo quepretendían evitar. A conclusión disto foi que, nun moi breve lapso de tempo, xente indecisa ou que non se decantara nunca polo independentismo, elixiu esa opción debido, quizais, a un sentimento de enfado e indignación respeito ao (mal)trato dado polo resto da sociedade española. Os grandes partidos nacionalistas oportunistas de turno aproveitaron esta coxuntura no seu propio beneficio e se convertironen transmisores interesados dunha monumental protesta catalá contra o percibido coma opresión española (o que se pode manifestar tamén en actos como a reticencia do governo central a permitir un referéndum en Catalunya (o dereito a decidir)).

No momento de darlle o toque final a estas liñas, xa se teñen celebrado en Catalunya as eleccións autonómicas, nas que, en teoría, ese pobo votoupolo si ou polo non respecto á independencia. Probabelmente se forme un governo de coalición coas forzas do si, pese a que as do non, combinadas (aínda que contrapostas) sumen lixeiramente máis votos. Pódese interpretar isto coma unha manipulación interesada das masas, mais non deixa de ser certo que o incremento súbito puido ter lugar grazas a unha autoconsciencia do pobo en si mesmo que xa existiade base e que o Estado español sempre buscou reprimir. O debate está servido.


2. Comentario crítico de texto acerca do artigo base

Existe na Internet unha coñecida máxima creada (ou descuberta) sardónicamente polo avogado Mike Godwin en 1990, para previr desenlaces absurdos de debates que non dan para máis; esta máxima, coñecida como Lei de Godwin, sostén que, a medida que unha discusiónvirtual tende a alongarse no tempo, a probabilidade de facer unha comparación na que se mencione a Hitler ou ao nazismo tende a un. Nos tempos de Godwin, como límite conversacional ás discusións nos fórums de noticias que frecuentaba, estabeleceuse de facto que, se o ou a participante no debate se deixase levar e caese no emprego desa analoxía, “perdería” a discusión e esta consideraríase...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • cuestion
  • Cuestion
  • cuestión
  • cuestion
  • Cuestiones
  • cuestiones
  • CUESTION
  • Estado de la cuestión

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS