defensa oral plan de apoio

Páginas: 9 (2200 palabras) Publicado: 11 de julio de 2013
Ola boas tardes, chámome .......... e vou a pasar a explicar en qué consiste este plan de apoio que presento hoxe aquí.
Este plan está deseñado para un colexio rural agrupado. O CRA é un tipo de organización escolar que ven contemplado no Decreto 374/1996 que aproba o Regulamento orgánico das escolas e colexios de educación infantil e primaria. No mesmo, como digo, posibilita as escolas deeducación infantil, os colexios de educación primaria e colexios de educación infantil e primaria de menos de seis unidades sitos en ámbitos rurais dunha ou varias localidades agruparse para constituír un só colexio público, que gozará de plena capacidade académica, administrativa e de xestión, e que se denominará colexio rural agrupado.
A estrutura do plan é moi sinxela: unha primeira parte ondeanalizo o centro, o contexto e as necesidades que presentan, xunto con un contexto legal no cal se vai a desenvolver o meu traballo.
Unha vez analizado este contexto, detectamos unha serie de necesidades que motivaran o deseño duns obxectivos que plantexaremos para a súa intervención; estes obxectivos desenvolven uns contidos a traballar que establecemos no noso plan.
Así, o traballo nestesobxectivos axudaranos na consecución xenérica da primeira das competencias que sinala a loe: a competencia en comunicación lingüística. Asimesmo, dado o carácter global do plan tamén buscaremos conquerir outras competencias: a competencia no medio fisico e social, a competencia social e cidadá e a competencia en autonomía persoal.
Na consecución destes obxectivos é preciso contemplar unhasactividades, das que eu participo activamente, unhas estratexias e uns principios metodolóxicos que guiarán o meu traballo.
Este plan sinala os recursos dos que dispomos para este traballo e os que imos usar na consecución dos nosos obxectivos, tanto materiais, coma persoais, a coordenación entre eles, os organizativos e os externos a escola.
Figura, tamén, unha temporalización na que establecemos osintres de intervención e actividade así coma os criterios que van rexer para a distribución do tempo da nosa intervención.
Por último , a avaliación do plan que faremos por medio de protocolos establecidos que nos permitan ver o desenvolvemento do mesmo e que nos facilitarán a modificación de pautas de actuación. Unha avaliación final que formará parte da memoria final anual serviranos de base paraas tomas de decisión e as modificacións precisas do ano seguinte.
Apórtanse unhas propostas de mellora, como son a creación dun plan de formación en centro sobre a pizarra dixital, un intercambio co cpi ao que acuden os nosos rapaces ao rematar o primeiro ciclo de primaria, a creación da mascota do cra por medio de un concurso interescolas e a posta en marcha dun blogue do CRA .
No referente aocontexto, cando a un o destinan a a un cra sempre pensa no negativo : a itinerancia , os poucos recursos, illamento... si ben hai unha certa base que confirma estes aspectos, realmente a escola rural aporta moitas máis cousas positivas, e que deberemos aproveitar no desenvolvemento do noso traballo. A estreita relación cos pais/nais, as posibilidades do medio natural que rodea os centros, osespacios, as distribucións grupais no traballo,...
O contexto é un contexto rural, con unha deficiente estimulación lingüística nos nosos alumnos, hai poucas instalacións culturais e a dispersión poboacional provoca que non sexan moi utilizadas o que aparella a deficiente estimulación neste eido. É por isto que trataremos que a escola sexa un axente dinamizador da actividade cultural entre as nosasfamilias.
En función deste marco contextual , e das necesidades que se observan, establecemos os obxectivos do noso plan:
Proporcionar ao alumnado unha resposta educativa de calidade que permita alcanzar o maior desenvolvemento social e persoal;
Priorizar aos alumnos e aprendizaxes que van ser obxecto de actividades de apoio;
Establecer procedementos de actuación e actividades encamiñadas...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Lecciones orales ó defensas
  • Estrategias de Defensa en Juicio Oral
  • Algatos De Defensa Juicio Oral
  • Plan de defensa civil
  • Plan Anual Defensa Civil
  • Plan de trabajo de defensa civil
  • Plan anual de defensa civil
  • Cómo hacer la defensa oral de la tesis

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS