Dos arquivos do trasno libro pdf

Páginas: 67 (16746 palabras) Publicado: 6 de noviembre de 2014
Dos Arquivos do Trasno

Dos Arquivos do
Trasno
RAFAEL DIESTE
A Petapouca ●

Dos Arquivos do Trasno Copyright © 2013
This book was produced using PressBooks.com, and PDF rendering was done by
PrinceXML.

Contents

Introdución

1

1. Sobre da morte de Bieito

3

2. De como se condanou o Ramires

9

3. A volta

13

4. A luz en silencio

17

5. Historia dunxoguete

21

6. O Vello Moreno

25

7. O vagamundo

31

8. O vello que quería ve-lo tren

37

9. O neno suicida

41

10. Na morte de Estreliña

45

11. O grandor do mundo

49

12. Pampín

51

13. Espanto de nenos

53

14. Na ponte de ferro

57

v

15. Nova York é noso

59

16. O caso dos tres fornos

61

17. Once mil novecentos vinteseis

65

18. Odrama do cabalo de axedrez

71

19. Un conto de reis

77

20. De como veu a Rianxo unha balea

85

Rafael Dieste

91

Dos arquivos do trasno

93

vi

Introdución
A unidade emotiva consíguese no conto pola obsesión do que ten
de sobrevir.
O remate ha de te-la virtude de facer simultáneas no espírito
as imaxes que foron sucesivas.
A presencia do remate debe estaratafegada, pero latexando
con forte resonancia en tódolos currunchos do relato.
O remate é unha imaxe que fai estoupa-lo conto nas verbas
derradeiras, despois de inzalo poderosamente.
O conto é unha pelica na que se sente o pulso dunha imaxe
contida.
O conto é o remuíño que fan arredor dunha lámpada moitas
bolboretas, todas mergulladas na mesma luz.

1

1.

Sobre da morte de
Bieito

Foipreto do camposanto cando eu sentín boligar dentro da caixa ó
pobre Bieito. (Dos catro levadores do cadaleito eu era un). ¿Sentino
ou foi aprensión miña? Entonces non podería aseguralo. ¡Foi un
rebulir tan maino!… Como a teimosa puvulla que rila, rila na
noite, rila de entón no meu maxín afervoado aquel mainiño rebulir.
Pero é que eu, meus amigos, non tiña seguranza, e polo tanto—comprendede, escoitade— polo tanto non podía, non debía dicir
nada.
Imaxinade nun intre que eu dixese:
O Bieito vai vivo.
Tódalas testas dos velliños que portaban cirios ergueríanse
nun babeco aglaio. Tódolos pícaros que viñan extendendo a palma
da man baixo o pingotear da cera, virían en remuíño arredor meu.
Apiñocaríanse as mulleres a carón do cadaleito. Escorregaría por
tódolos beizos un marmularsobrecolleito, insólito:
¡O Bieito vai vivo, o Bieito vai vivo!…

3

4 - Dos Arquivos do Trasno

Calaría o lamento da nai e das irmás, e axiña tamén,
descompasándose, a gravedosa marcha que planxía nos bronces da
charanga. E eu sería o gran revelador, o salvador, eixo de tódolos
asombros e de tódalas gratitudes. E o sol na miña face cobraría
unha importancia imprevista.
¡Ah! ¿E seentonces, ó ser aberto o cadaleito, a miña sospeita
resultaba falsa? Todo aquel magno asombro viraríase
inconmensurable e macabro ridículo. Toda a arelante gratitude da
nai e das irmás, tornaríase despeito. O martelo espetando de novo
a caixa tería un son sinistro e único na tarde estantía.
¿Comprendedes? Por iso non dixen nada.
Houbo un intre en que pola face dun dos compañeiros de
fúnebrecarga pasou a insinuación leviá dun sobresalto, coma se el
estivese a sentir tamén o velaíño boligar. Mais non foi máis que un
lampo. De seguida ficou sereno. E non dixen nada.
Houbo un intre en que case me decidín. Dirixinme ó da
miña banda e, acobexando a pregunta nunha surrisa de retrouso,
deslicei:
— ¿E se o Bieito fose vivo?

Sobre da morte de Bieito

5

O outro riu picaramente comaquen di: «Qué ocorrencias
temos», e eu amplifiquei adrede a miña falsa surrisa de retrouso.

6 - Dos Arquivos do Trasno

Tamén me vin a rentes de dicilo no camposanto, cando xa
pousarámo-la caixa e o crego requeneaba.
«Cando o crego remate», pensei. Mais o crego acabou e a
caixa deceu á cova sen que eu puidese dicir nada.
Cando o primeiro cadullo de terra, bicado por un neno, petou...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Os Arquivos Do Trasno
  • Documentaci N Dos Arquivos Do Trasno De Rafael Dieste
  • libro pdf
  • libro pdf
  • Libros Pdf
  • Libro Pdf
  • Dos Palabras Jeopardy pDF
  • ENSAYO LIBRO BRAINKETING PDF

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS