El cálculo egoísta (inmigración)

Páginas: 8 (1849 palabras) Publicado: 23 de marzo de 2011
EL CÁLCULO EGOÍSTA
INMIGRACIÓN Y RACISMO EN LA ESPAÑA DEL SIGLO XXI

Alexander Sequén-Mónchez

POLÍTICAS PÚBLICAS SECTORIAIS

LUISA CHAO PÉREZ

“El cálculo egoísta. Inmigración y racismo en la España del siglo XXI” parte dunha redefinición de ambos fenómenos para valorar a súa intrincada relación e a presencia do segundo no Estado español.

Para efectos analíticos poderíamos dividireste ensaio en cinco partes, que certamente non coinciden coas tres que emprega o autor, pero ó meu entender sintetizan mellor o seu contido. Unha primeira de redefinición do racismo, unha segunda de valoración do fenómeno en España, atendendo tanto a casos de especial gravidade dos últimos anos, o papel dos medios de comunicación de masas. Unha terceira de debate sobre as palabras diversos autores,non só españois senón estranxeiros; o autor reexamina escritos de autores como Pérez-Reverte, Sánchez Dragó, Huntington, etc... nos que se cuestiona, sobre todo as causas e consecuencias da inmigración nos países receptores, que el chama sociedades-porto. E unha parte final na que se cuestionan as posturas e medidas políticas ó respecto: Directiva de Retorno, Leis de Estranxería, Contrato deintegración...

No tocante á redefinición do racimo Sequén-Mónchez escapa da separación, que considera forzada e fruadulenta, entre conceptos como racismo-xenofobia-accidentes racistas-neoracismo-etnocentrismo... entendendo que toda esta diferenciación conceptual, que deixa correr ríos de tinta, non serve para nada máis que para facer unha especie de gradación en función da gravidade doscomportamentos que só teñen un nome, racistas.

Todos estes comportamentos, basados na inferiorización do “diferente”, do estrano, do de fóra, apóianse na defensa dun falseado libre-pensamento, a modo de estandarte xustifica todo tipo de discriminacións e ofensas. “En democracia non se lle pode prohibir á xente pensar ó seu antollo” dicía Tedorov en 1998, “sen liberdade de expresión non existe aliberdade” manifestou David Duke (excongresista republicano nos EE.UU. e antigo membro do Ku Kux Klan) nunha conferencia en Barcelona en 2007. Agora os racistas queren xustificar ás súas palabras como un dereito civil que non podemos arrebatar. Liberalismo a ultranzas, liberdade individual sen restriccións, demagoxia, mentiras. Liberdade para min, pero non para todos. Libre circulaciñon de capitais emercancías, non de persoas ¿Cómo se pode conxugar tal paradoxo?

¿Qué se esconde detrás do odio racial? Pregúntase o autor, ¿É a cor de pel? ¿Condicións fenotípicas? ¿Culturais? Concluíndo que o racismo é un nacionalismo exacerbado mal entendido, que considera que o contacto con outras culturas supón un perigo para a súa, por definición, superior. Trátase de evitar a toda costa a “contaminación”. Evai aínda máis lonxe, entenden a súa conduta como unha resposta á provocación que os inmigrantes lle están facendo. Provócanos co simple feito de existir, dicen sentirse agraviados ante a suposta sobreprotección que lles proporciona o Estado ó estranxeiro. Deste modo son capaces de xustificar a súa violencia como froito do instinto de supervivencia.

“A raza máis detestada de todas, a máisperseguida e castigada, é a dos pobres” escribiu Savater intentando definir o que é o racismo. Sequén-Mónchez non comparte esta opinión basándose en odios raciais como o dos nazis ante os xudeus alemáns e polacos, maioritariamente clase propietaria e acomodada. Sen embargo, un único exemplo non parece suficiente. O odio racial si que ten, na miña opinión, moita relación co nivel de ingresos. Osinmigrantes que veñen a España dende Occidente, montando fábricas, pasando aquía xubilación, non son froito do desprecio ó que se somete a latinoamericanos, africanos, musulmáns ou rumanos. A vara de medir é distinta, o odio non é cara o inmigrante, é cara un inmigrante. Nin siquiera penso que sexa odio cara os nacionais de certos países, futbolistas (aínda sen esquecer problemas puntuais en estadios...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • El Calculo Egoista
  • Comentario Crítico De "El Cálculo Egoista"
  • el egoista
  • La inmigración
  • Inmigracion
  • Inmigración
  • Inmigracion
  • Inmigración

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS