Estatuto trabajadores

Páginas: 48 (11809 palabras) Publicado: 2 de febrero de 2015


ESTATUTOS SOCIAIS
COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO


CAPITULO I

Denominación, Domicilio, Ámbito, Actividade e Duración

ARTIGO 1.- DENOMINACIÓN E RÉXIME LEGAL

Coa denominación “ Cooperativa Audiovisual Gallega SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA”, constitúese unha sociedade cooperativa de traballo asociado, dotada de plena personalidade xurídica e suxeita ás disposicións da Lei decooperativas de Galicia e as contidas nos presentes estatutos.

ARTIGO 2.- DOMICILIO SOCIAL

1.- O domicilio social da cooperativa establécese na rúa Arenal, número 48 Bajo B, do municipio de Vigo, da provincia de Pontevedra, C.P: 36201.
2.- O domicilio social poderá ser trasladado dentro do mesmo termo municipal por acordo do órgano de administración. Con carácter previo a súa inscrición noRexistro de cooperativas, dito acordo deberá comunicarse formalmente ás persoas socias.
3.- Para trasladar o domicilio social fóra do termo municipal no que antes estaba, será necesario o acordo da asemblea xeral.
4.-O cambio do domicilio social publicarase nun dos diarios de maior circulación da provincia do domicilio social da cooperativa.

ARTIGO 3.- ÁMBITO TERRITORIAL

O ámbitoterritorial dentro do que estarán situados principalmente os centros de traballo nos que as persoas socias prestan habitualmente o seu traballo cooperativizado, é o que corresponde a Vigo e Comarca.

ARTIGO 4.- OBXECTO E ACTIVIDADE ECONÓMICA

1.- A cooperativa ten por obxecto a prestación do traballo das persoas socias para producir en común bens e servizos para terceiros.
2.- As actividadeseconómicas que desenvolverá a cooperativa para o cumprimento do seu obxecto social, son:
-. Publicidade para empresas.
-. Realizació, difusión e promoción de obras audiovisuais e musicais.

ARTIGO 5.- DURACIÓN

A cooperativa constitúese por tempo indefinido.

CAPÍTULO II

Das persoas socias

ARTIGO 6.- PERSOAS SOCIAS

1.- Poden ser socios ou socias traballadoras desta cooperativa, aspersoas naturais con capacidade legal e física para desenvolver a actividade cooperativizada de prestación do seu traballo persoal.
2.- Non poden ser persoas socias traballadoras as menores de dezaseis anos.
3.- As persoas estranxeiras para poder prestar traballo na cooperativa deberán reunir os requisitos establecidos na lexislación específica sobre prestación do seu traballo en España.

ARTIGO7.- ADMISIÓN

1.- Para adquirir a condición de persoa socia no momento de constitución da cooperativa, será necesario:
a) Estar incluído na relación de promotores e promotoras.
b) Subscribir e desembolsar a achega obrigatoria na contía fixada estatutariamente.
c) Subscribir o compromiso de non darse de baixa voluntariamente sen xusta causa que cualifique a mesma de xustificada, ata que sedecida en asamblea o fin da cooperativa.

2.- Para adquirir a condición de persoa socia con posterioridade á constitución da cooperativa, será necesario:
a) Ser admitido como socio ou socia.
b) Subscribir e desembolsar a achega obrigatoria na contía fixada estatutariamente.
c) Subscribir o compromiso de non darse de baixa voluntariamente sen xusta causa que cualifique a mesma de xustificada,ata que se decida en asamblea o fin da cooperativa.
d) Desembolsar a cota de ingreso que, no seu caso, acorde a asemblea xeral.

ARTIGO 8.- PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

1.- A solicitude de admisión realizarase por escrito dirixido ao órgano de administración da cooperativa, que deberá resolver motivadamente nun prazo non superior a dous meses, a contar dende o día seguinte á recepción daquela. Aresolución comunicarase á persoa solicitante e publicarase no taboleiro de anuncios da cooperativa. Transcorrido o prazo mencionado sen resolución expresa, a solicitude entenderase denegada.
2.- Contra a denegación da admisión a persoa solicitante poderá recorrer no prazo dun mes, a contar dende a comunicación ou do remate do prazo que o órgano de administración dispón para resolver, ante a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Estatutos Especiales
  • Artículo 15 estatuto de los trabajadores
  • Estatutos De Cooperativa De Trabajo
  • Estatutos del trabajador art 64
  • La Modificacion Del Estatuto De Los Trabajadores 2010
  • Trabajo Practico De Estatuto Del Martillero Publico
  • estatuto trabajadores
  • ESTATUTO DE LOS TRABAJADORES

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS