etgght

Páginas: 6 (1358 palabras) Publicado: 19 de enero de 2014
A seguridade dentro do imperio e nas augas do Mediterráneo.
Unha excelente rede de calzadas que unían todas as cidades do imperio.
A unidade monetaria baseada no denario de prata.
Desenvolveuse o comercio interior e exterior. As principais mercadorías foron:
Agrícolas, procedentes do campo, e produtos artesáns, elaborados en cidades.
Escravos e as riquezas procedentes da minería,tales como o ouro, a prata, etc.
Os principais trazos das actividades agrícolas e gandeiras foron:
A propiedade da terra era do Estado, que logo repartía entre os particulares.
Houbo grandes vilas rústicas de patricios, e medianas e pequenas propiedades.
As terras traballábanas principalmente os escravos.
Os produtos máis importantes foron os da triloxía mediterránea: trigo, vide e oliveiras.Perfeccionouse a tecnoloxía mellorando os regadíos e a utillaxe.
A gandería baseouse na explotación do gando ovino, caprino, vacún e equino.
As cidades eran os centros económicos:
Neles confluía o comercio e asentábanse os artesáns.
Eran a sede da administración política e albergaban: templos, murallas, monumentos conmemorativos, edificios para espectáculos, sistemas de condución de augas(acuedutos, canles e cloacas), basílicas e termas.
Os romanos fundaron moitas cidades baseándose no esquema do campamento romano, que consistía en:
Dúas rúas principais, cardo e decumano, que se cruzaban en ángulo recto.
Na intersección abríase una praza, o foro, onde se encontraban os edificios máis importantes e se celebraban actividades políticas, cívicas e relixiosas.

2. A organizaciónsocial
Os escravos: Os escravos eran a forza de traballo básica na economía romana:
Considerábanse como bens que pertencían ao seu amo. Podían ser propiedade de cidadáns particulares ou do Estado.
Traballaban as terras, talleres e minas; ou como servizo doméstico, remeiros, gladiadores e dependentes de comercios.
Os homes libres: Os homes libres podían ser:
Cidadáns. Nun principio sógozaban deste privilexio os patricios.
Persoas que non gozaban de dereitos políticos. Os plebeos.
A situación evolucionou ata que a cidadanía foi universal, e implicaba ter obrigas militares e pagar impostos.
A orde social: A división social entre patricios e plebeos propia da Monarquía e da primeira época da República evolucionou a estes grupos:
A orde senatorial, formado por aqueles queparticipan no Senado, isto é, as ricas e tradicionais familias patricias.
A orde ecuestre ou dos cabaleiros. Estaba constituído pola burguesía adiñeirada.
A plebe rústica, composta por pequenos e medianos campesiños.
A plebe urbana das cidades. Os máis pobres formaban o proletariado, que vivía grazas ao reparto de trigo.
A familia: A familia era o fundamento da sociedade. A pertenza a unha gens(familia), o culto aos antepasados e o nome da familia eran sagrados:
O pai: Era o xefe da familia e exercía a súa autoridade de maneira absoluta, tanto dos bens, era o único que podía compralos ou vendelos, como das persoas da casa, tiña autoridade para castigalos incluso coa morte.
As mulleres: Estaban sometidas á autoridade masculina, primeiro do seu pai e logo do seu marido, aínda que podíandivorciarse e participar en actividades da vida da cidade.
Os nenos: Estaban baixo la tutela da nai os primeiros anos e logo pasaban a ser educados polo pai.
As casas: As de familias acomodadas recibían o nome de domus e dispúñanse en torno a un patio interior chamado atrio. As familias modestas vivían en edificios de varios pisos, chamados insulae, normalmente de aluguer.

3. A arte en RomaA arquitectura: características
Tomou influencias de diferentes pobos e culturas anteriores:
- Empregou o sistema de construción grego.
- Tamén empregaron o arco e a bóveda, por influencia etrusca.
Foi práctica e buscou a utilidade máis que a beleza.
O uso do morteiro, o arco e a bóveda permitiu erixir construcións de gran tamaño e resistencia, e utilizar a cúpula para a cuberta dos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS