Folleto festa da pita

Páginas: 7 (1713 palabras) Publicado: 11 de febrero de 2012
A orixe
A orixe desta festa remóntase á década dos ‘50; e a razón que impulsou ao pobo a realizala foi a voda entre dous viúvos da zona (don Antonio Guimarey e dona Gumersinda de Benavides, por mal nome: A Pita). A vella tradición de “facer cinzarrada” ao viúvo ou viúva que casaba, viuse aqui reforzada pola situación pouco habitual dos dous contraíntes atopárense nese estado. Así, logo, foillesreclamada unha cantidade económica para realizar unha festa “como mandaba a situación”. Ao se negaren os noivos a facelo, as xentes do lugar comezaron a lles tocar o corno e outros instrumentos improvisados facendo forte escándalo e enteirando a todas as xentes dos arredores. Se pagaron a festa ou non, non o temos claro (hai quen di que si), mais o asunto é que apartir de entón comezou a secelebrar por esa data n’As Eiroás a máis popular das celebracións pagás: o Entroido. A festa, na honra da noiva, coñeceuse algún tempo como Festa da Pita, pois era o alcume da protagonista, e celebrouse até comezos dos ‘70, desaparecendo entón non sabemos ben porqué, até no ano 1999 verse recuperada polos veciños e veciñas d’As Eiroás, celebrándose desde aquela n’As Eiroás o ciclo tradicional doEntroido.

Os días
Este ciclo comeza o domingo de septuaxésima do calendario litúrxico, coa celebración do Domingo Fareleiro (tamén coñecido como Borrallento), día no que o farelo e a fariña -ademáis doutros elementos como a borralla, a cinsa...- protagonizan a xornada nunha loita entre mozos e mozas, homes e mulleres, converténdose -xunto coa música- nos primeiros anuncios do Entroido. Nesta xornadatamén é colocado o Meco na praza, quen presidirá a nosa Festa até a súa fin no Martes do Entroido. Prosegue a Festa da Pita o seguinte domingo -de sexuaxésima- coa celebración do Domingo Oleiro (nomeadamente coñecido como Corredoiro en Galiza). Neste dia comézase “a correr” o Entroido. Tamén neste dia sae por primeira vez a Pita (máscara d’As Eiroás, adoitada polo Concello de Ourense). Neste díaten lugar o Xogo das Olas, xogo no que unha roda de homes ou mulleres vanse atirando unha ola dos uns para os outros chea de auga, plumas... Cando alguén non consegue apañala e deixa que escache no chan, perde e, ademáis de ficar todo mollado ou cuberto de plumas, ten de pasar pola taberna a pagar o viño para toda a roda. Segundo vi o Taboada Chivite e outros etnógrafos, na cidade de Ourense estexogo praticábase no Domingo Corredoiro ou no Xoves de Comadres.

A máscara da Pita
No ano 2001, tentando perpetuar a lembranza da orixe da Festa da Pita e os seus protagonistas así como querendo concebir un novo símbolo que identificara ao barrio e á propia festa; crease a máscara da Pita, feita con estuque e cartón-pedra á medida da persoa portadora. A parte dianteira da carauta vai en branco enegro e na traseira leva un deseño relacionado coa natureza ou co matrimonio, coa particularidade de non se poder repetir os debuxos entre máscaras. Da parte superior arrinca, entre plumas de vivas cores, o pescozo da pita, que proxecta o traxe cara arriba facéndoo visíbel. E a Festa remata o Martes do Entroido. A xornada comeza pola mañá cun Folión que percorre o barrio anunciando con Pitas,gaiteiros, bombas e máscaras que chegou o dia grande. Despois do xantar os veciños e as veciñas convértense en actores e actrizes improvisados/as da Voda da Pita (unha representación do que puido ser aquela voda que dera orixe à festa). Posteriormente, un Baile de máscaras, co seu concurso, lévanos até a noite, momento no l que despedimos o Entroido coa Queima do Meco. No ano 2002 preséntase o traxe,consistente nunha vestimenta elegante (temos que lembrar que imos “de voda”) que tenta mesturar as bases do traxe tradicional galego coas premisas entroideiras. Falamos pois, dunha chaqueta curta e dunhas calzas curtas negras sobre unha camisa e unhas medias de encaixe brancas, às que acompañan unhas polainas negras e diversos ornamentos. Dos brazos da chaqueta colgan sendas capas cheas de plumas...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Simbolos da festa junina
  • FESTO
  • Festo
  • festo
  • Festo
  • festos
  • fest
  • pitos pitos

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS