Gallego 2 B
Os primeiros textos tiñan un carácter menos literario e máis propagandístico. Dividíanse
en:
● Políticos
: uns buscaban un apoio popular na loita contra os franceses, e eran mostras
de literatura de combate. Son exemplos
Un labrador que foi sarxento
(Anónimo,
1808) e
Proezas de Galicia
(Xosé Fernández de Neira, 1810). Outros centrábanse no debate entre absolutistas e liberais, como
La tertulia de la Quintana
(Manuel
Acuña e Malvar, 1820) ou
Tertulia de Picaños
(Anónimo, 1836).
● Literarios:
cabe mencionar os vilancicos da escola catedralicia de Mondoñedo (de
Antonio María de Castro e Neira) e da escola compostelá de Vicente Turnes e
Alberto Camino. No xénero poético destacan os sonetos satíricos de Antonio Arias Teixeiro e a
Alborada
e a
Égloga de Belmiro e Benigno
de Nicomedes Pastor Díaz
Corvelle. No apartado dramático, Antonio Bieito Fandiño creou
A casamenteira
en
1812.
Os precursores
A primeira mostra da toma de consciencia da cultura propia galega e a celebración dos
Xogos Florais (A Coruña, 1861). Nestes certames participaban poetas comprometidos coa recuperación literaria do galego.
Os Xogos deron lugar á publicación en 1862 do
Álbum de la caridad
, que, baixo a
organización de Antonio de la Iglesia, incluía as obras dos poetas premiados e outras
moitas da prensa da época.
Poderiase caracterizar aos precursores según os seus trazos de forma e contido como:
● Forma:
mestura de pezas de corte popular (cantigas, coplas...) con outras máis cultas (sonetos, églogas...).
● Contido:
principalmente trata as ofensas a Galicia e describe a vida popular.
Xoán Manuel Pintos
(1811-1876)
É a figura literaria máis representativa da súa época, pois, ademais de exercer como xuíz e
fiscal, desenvolveu unha intensa actividade cultural e literaria intimamente comprometida
coa recuperación do galego.
A súa obra principal é
A gaita gallega (1853), na que representa un diálogo, combinando
prosa e verso, dun gaiteiro galeguista que trata de instruír a un tamborileiro castelán sobre a
lingua e a realidade galegas. Así, Pintos logra un matiz didáctico (no que presenta un
método de aprendizaxe para escribir, falar e ler en galego) e un reivindicativo (no que
defende o uso do galego como lingua digna e de cultura).
Francisco Añón
(1812-1878)Foi un dos principais paricipantes na revlta provincialista de 1846, tras a cal tivo que fuxir
de Galicia (estivo en Porugal, Francia, Italia e, finalmente, Madrid).
Publicou un gran feixe de poesías en diversos periódicos e deixou outras tantas inéditas.
Algunhas son de temática costumista e recrean as tradicións do país (
A leiteira, O
magosto…), mais o seu poema máis coñecida probablemente sexa o himno
A Galicia
,
premiado nos Xogos Florais de 1861, no que fai un canto a galicia como patria da infancia,
e no que demanda en ton patriótico o seu espertar do sono profundo no que se atopa.
O Rexurdimento
Orixe
O movemento do Rexurdimento culminou, entre finais do século XIX e principios do XX,
coa labor dos precursores de recuperación da nosa cultura. Considérase marca do inicio deste período a publicación de 1863 de Cantares Gallegos, que demostrou que o galego era
apto para a expresión artística. As principais causas do movemento foron:
● Influencia das ideas da Ilustración,
da man en Galicia de ilustrados como Padre
Sarmiento, Padre Feixoo…
● Repercusión da guerra da Independencia,
que motivou a aparición dunha
conciencia como pobo que precisaba autogoberno.
●A ideoloxía romántica,
na que primaba a exaltación da liberdade e das culturas
autóctonas.
● A difusión dos postulados políticos liberais,
que propugnaban a necsidade de
descentralización.
Características xerais
● Carencia dunha tradición literaria culta,
pola ignorancia da esplendorosa lírica
medieval galega, que non foi descuberta ata comezos do século XX.
●...
Regístrate para leer el documento completo.