Genetica

Páginas: 14 (3464 palabras) Publicado: 30 de enero de 2012
Xenética Mendeliana
Introdución.
Gregor Johann Mendel (20 de Xulio de 1822 -6 de xaneiro de 1884) foi un monxe agostiño católico e naturalista nacido en Heinzendorf, Austria que describiu, por medio dos traballos que levou a cabo con diferentes variedades do chícharo ou nichela, as hoxe chamadas leis de Mendel que rexen a herdanza xenética. Os primeiros traballos en xenética foron realizadospor Mendel. Inicialmente realizou cruces de sementes, as cales se particularizaron por saír de diferentes estilos e algunhas da súa mesma forma. Nos seus resultados encontrou carácteres como os dominantes (caracterízanse por determinar o efecto dun xene) e os recesivos(caracterízanse por non ter efecto xenético.
O seu traballo non foi valorado cando o publicou no ano 1866. Hugo de Vries, botániconeerlandés, Carl Correns e Erich von Tschermak redescubriron por separado as leis de Mendel no ano 1900.
Biografía de Mendel
Gregor Mendel naceu nun pobo chamado Heinzendorf, pertencente ao Imperio austrohúngaro, o 20 de xullo de 1822, e foi bautizado co nome de Johann Mendel. Tomou o nome de pai Gregorio ao ingresar como frade agostiño, en 1843, no convento de agostiños de Brno (coñecido naépoca como Brünn). En 1847 ordenouse sacerdote.
Mendel foi o fundador da Asociación Meteorolóxica Austríaca, membro da Real e Imperial Sociedade Morava e Silesia para a Mellora da Agricultura, Ciencias Naturais e Coñecementos do País e xardineiro (aprendeu do seu pai como facer enxertos e cultivar árbores froiteiras).
O primeiro obxectivo de Mendel foi seleccionar o tipo de plantas coas que íaexperimentar, e que segundo el, debían de cumprir 3 requisitos:
1 - Posuír carácteres diferenciais constantes
2 - Os híbridos, durante o período de floración, deberían estar protexidos de polinizacións accidentais, ou prestarse eles mesmos doadamente a tal protección.
3 - A fertilidade dos híbridos e dos seus descendentes non debían presentar perturbacións significativas nas xeracións sucesivas.Debido á estrutura floral das leguminosas, Mendel comezou realizando algunhas experiencias con membros desta familia, ata elixir o chícharo, xa que cumpría todos os requisitos, e ademais, nestas plantas os órganos fertilizadores están envolvidos dentro da quilla e a fecundación artificial nos chícharos adoita rematar con éxito. Para levala a cabo, ábrese o botón antes de que estea de tododesenvolvido, elimínase a quilla e os estames, e rociase co pole alleo (co que desexamos levar a cabo a fecundación artificial) o estigma da flor.

Presentou os seus traballos nas reunións da Sociedade de Historia Natural de Brünn (Brno) o 8 de febreiro e o 8 de marzo de 1865, e publicounos posteriormente como Experimentos sobre hibridación de en 1866 nas actas da Sociedade. Os seus resultados foronignorados por completo, e tiveron que transcorrer máis de trinta anos para que fosen recoñecidos e entendidos.
Ao tipificar as características fenotípicas (aparencia externa) dos chícharos chamounas “carácteres”. Usou o nome “elemento” para referirse ás entidades hereditarias separadas. O seu mérito radica en decatarse en variantes con proporcións numéricas simples de que nos seus experimentos(variedades de chícharos) sempre acontecían.
Os “elementos” e “carácteres” recibiron posteriormente infinidade de nomes, pero hoxe coñécense de forma universal co termo xenes, que suxeriu en 1909 o biólogo danés Wilhem Ludwig Johannsen. Para ser máis exactos, as versións diferentes de xenes responsables dun fenotipo particular chámanse alelos. Os chícharos verdes e amarelos corresponden a distintosalelos do xene responsable da cor.
A historia da ciencia encontra na herdanza mendeliana un fito na evolución da bioloxía só comparable coas Leis de Newton no desenrolo da Física.
Mendel faleceu o 6 de xaneiro de 1884 en Brünn, a causa dunha nefrite crónica.
Conceptos básicos.
Xenotipo e Fenotipo:
Os carácteres externos que exhibe un individuo constitúen o seu fenotipo mentres que os xenes...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Genética
  • Genetica
  • Genetica
  • Genetica
  • Genetica
  • La Genetica
  • genetica
  • genetica

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS