GLOBAL LINGUA GALEGA APARTADO 1

Páginas: 9 (2035 palabras) Publicado: 14 de mayo de 2015
FONÉTICA E FONOLOXÍA:
OS FONEMAS VOCÁLICOS:

OS FONEMAS CONSONÁNTICOS:









SINTAXE:
A sintaxe é a parte da gramática que se ocupa da estrutura dunha lingua, e dicir, estuda as unidades que existen nunha lingua, a relación que se establece entre unidades da mesma cadea, e a función que cada unidade desempeña na unidade superior.
AS UNIDADES SINTÁCTICAS:
CLÁUSULAS
desde aquela xanela viamosos altos cumios
FRASES
aquela casa branca, os altos cumios
PALABRAS
ela, aínda, casa altos, outros
MORFEMAS (léxicos e gramaticais)
cas-a, alt-o-s, am-a-stes

AS RELACIÓNS SINTÁCTICAS:
A relación sintáctica é a que se establece entre elementos que aparecen unidos na cadea sintagmática. As relacións sintácticas poden ser de tres tipos:
A coordinación dáse cando dous ou máis elementos do mesmo nivelsintáctico van unidos pero teñen autonomía e non se precisan mutuamente, de maneira que se pode producir a ausencia de calquera deles.
Exemplos: días e noites; Mario chegou e non había ninguén na casa...
A subordinación dáse naqueles casos en que un dos elementos ten que aparecer necesariamente mentres que outro ou outros poderían suprimirse: estes son subordinados con respecto a aquel.
Exemplos:camisa [de liño], [bastante] lonxe [do río]; regaleille a flor [que mais lle gustaba]...
A interordinación existe naqueles casos en que os dous elementos teñen que aparecer de maneira obrigatoria por necesitárense mutuamente.
Exemplos: unha [noite de verán]; [de] [verán]; [se a ves,] [coméntallo]...
A FRASE:
A frase é a unidade inmediatamente superior á palabra. Para construír cláusulas, aspalabras organízanse en frases.
TIPOS DE FRASES:
FRASE NORMINAL
Determinante e Nominal
O neno
FRASE PREPOSICIONAL
Relator e Termo
De limón
FRASE ADXECTIVA
Núcleo e Modificador
Moi bonito
FRASE ADVERBIAL
Núcleo e Modificador
Bastante tarde
FRASE SUBSTANTIVA
Núcleo e Modificador
Coche de carreiras

Nas frases adxectivas, adverbiais e substantivas, a relación que se establece entre o núcleo e omodificador é unha relación sintáctica de subordinación, polo que son frases endocéntricas.
Nas frases nominais e preposicionais, a relación que se establece entre o determinante e o nominal, e o relator e o termo, é unha relación sintáctica de interdependencia, polo que son frases exocéntricas.
A CLASIFICACIÓN DAS FRASES:
Segundo a súa estrutura interna, as frases poden ser:
Simples: cando estánconstituídas por unidades inferiores á frase.
Complexas: cando conteñen, desempeñando unha función no seu interior, unha ou varias frases, ou tamén unha cláusula.
Compostas: cando son a suma de dúas ou máis frases unidas en relación de coordinación mediante conxunción ou pausa.
A CLÁUSULA:
A cláusula é a unidade sintáctica coa función de predicado. É a unidade sintáctica superior; está constituída porfrases que desempeñan dentro dela unha serie de funcións (suxeito, predicado, complementos...) ás que chamamos funcións clausais. Estrutúrase arredor dunha frase verbal que constitúe o seu elemento nuclear e polo tanto o único imprescindible para a existencia da cláusula.
A CLASIFICACIÓN DAS CLÁUSULAS SEGUNDO A ESTRUTURA SINTÁCTICA:
Segundo a súa complexidade, as cláusulas poden ser:
SimplesCompostas: Dúas ou máis cláusulas manteñen unha relación de coordinación. Poden ser:
Cláusulas compostas copulativas: e enin.
Luisa falaba e Carme atendía.
Cláusulas compostas disxuntivas: ou
Volves con eles ou quedas aquí.
Cláusulas compostas distributivas: ou...ou, ora...ora, quer...quer, sexa...sexa, cando...cando.
Ora ris ora choras.
Cláusulas complexas: A relación sintáctica que se dá é desubordinación. Poden ser:
Cláusulas complexas substantivas: Contoume que era feliz.
Cláusulas complexas adxectivas (de relativo): O libro que me prestaches é interesante.
Cláusulas complexas adverbiais: Aparca onde poidas.
Cláusulas bipolares: A relación sintáctica que se da é a de interordinación.
TIPO
CONSTITUÍNTES
NEXOS
Causais
CAUSA - EFECTO
Porque, xa que, posto que, como, pois, visto que, por...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Lingua Galega
  • Ortografía E Lingua Galega
  • a Lingua Galega No Franquismo
  • 55 Mentiras Sobre A Lingua Galega
  • Apartado 1
  • APARTADO 1
  • comentario galego 1
  • PAU 2014 Lingua Galega

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS