a Lingua Galega No Franquismo

Páginas: 7 (1717 palabras) Publicado: 3 de abril de 2012
SELECTIVO LINGUA: TEMA 5
O galego de 1936 a 1975: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.

ESQUEMA
1.- Contexto histórico
2.- Situación sociolingüística:
2.1.- Política lingüística do franquismo e consecuencias
2.2.- Outros factores. Grupos de falantes segundo o contexto.
2.3.- Labor de defensa do galego: Exilio/ anos 50/ anos 60/ anos70 Características lingüísticas.

2.- DESENVOLVEMENTO DO TEMA

O 18 de xullo de 1936 prodúcese un golpe de estado contra a 2ªRepública, gobernada nese momento pola Fronte Popular, coalición de esquerdas coa que se presentara o Partido Galeguista e que fora escollida nas últimas eleccións. En toda Europa están a medrar os fascismos: en España comeza unha Guerra Civil e no resto do continente nontardará en comezar a 2ªGuerra Mundial. Galiza tardou só uns días en quedar baixo o dominio dos sublevados, o que desencadea unha violenta represión que ten como obxectivo a eliminación de todas as persoas vinculadas a organizacións sindicais e políticas de esquerda. A elite intelectual que encabezara os máis importantes proxectos galeguistas é eliminada: Alexandre Bóveda, dirixente doP.Galeguista; Anxel Casal, alcalde de Santiago e director da editorial Nós; Víctor Casas, director da Nosa Terra... Os que logran salvar a vida vense forzados ao exilio (Castelao, Dieste, Luís Seoane, Lorenzo Varela...) ou foxen ao monte para evitar ser "paseados". Con eles desaparecen todas as iniciativas que loitaran por prestixiar a nosa lingua (Nós, A Nosa Terra, o SEG, as I.da Fala, o P.Galeguista, aspublicacións en galego de todo tipo...) O terror esténdese á poboación en xeral que non ousa erguer a voz, vixiada moi de preto pola garda civil e grupos de voluntarios falanxistas dispostos a eliminar toda oposición ao novo réxime ditatorial que se establece en todo o estado a partir de 1939, rematada a guerra.

O triunfo do alzamento foi unha desgraza para a situación da lingua galega. Aditadura defende a unidade da España por medio da uniformización cultural. Os nacionalismos e calquera outra forma de afirmación dunha cultura diferente á do resto do estado, como o uso das linguas diferentes ao castelán nos rexistros cultos, son tachados de separatistas e os que os defenden de antipatriotas e antiespañois, sendo sometidos a represión(fusilamentos, cárcere, perda de traballo...). AIgrexa católica, o sistema educativo (do que xa se eliminaran os mestres republicanos) e os medios de comunicación (prensa e radio primeiro e televisión máis tarde) son os medios dos que se vale o poder para difundir a súa ideoloxía. O galego é ignorado neles e, no caso da escola, os nenos e nenas galego-falantes teñen que pasar por todo tipo de humillacións. Non poden meter no cárcere á grandemaioría dos galegos e galegas que desenvolven a súa vida en galego pero asegúranse a través do sistema do ensino de que o que non domine o castelán non acade ningunha titulación e quede relegado aos peores traballos. Fusilada, exiliada ou no cárcere a elite galeguista e desaparecidos todos os medios e organismos que apoiaran o uso culto da nosa lingua nos anos anteriores, todo o labor de prestixio dogalego vense abaixo e preténdese de novo que só o falen os pobres e os que non teñen estudos. A asociación da nosa lingua á incultura convértese así no método máis eficaz para que ninguén queira falala. Aínda máis, provocará, en moitos casos, o odio cara a propia lingua á que culpan da imposibilidade de medrar económica e culturalmente.

A crecente industrialización e a modernización daagricultura trouxeron consigo unha nova emigración dirixida a Europa, a zonas da Península como Barcelona ou Bilbao e, dentro da nosa Comunidade, á Coruña e Vigo. É o que se coñece como éxodo rural. O medre das cidades, que xa comezara no período anterior, avanza imparábel, desenvolvéndose cada vez máis o sector industrial e o de servizos (administración, comercio, educación, sanidade...) nos que será...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Lingua Galega
  • Ortografía E Lingua Galega
  • 55 Mentiras Sobre A Lingua Galega
  • PAU 2014 Lingua Galega
  • Evolución da lingua galega
  • cuestións de lingua galega
  • Lingua galega sustantivo
  • GLOBAL LINGUA GALEGA APARTADO 1

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS