Globalización

Páginas: 11 (2672 palabras) Publicado: 12 de noviembre de 2011
A GLOBALIZACIÓN



Brunibrownie
Bruni.brownie@gmail.com

A globalización é un concepto de perímetros moi amplos e polo tanto de difícil definición, pero que modificou intensa e rapidamente a realidade no ámbito social, cultural, político e económico, polo é un tema dunha grande importanciapara a socioloxía actual. Segundo David Held refírese a un conxunto de procesos que crean un mundo caracterizado por unhas relación e redes humanas cada vez máis extensas, e tamén pola súa elevada intensidade relativa, a súa alta velocidade e a grande propensión a exercer impacto en múltiples facetas da vida social (Held,2002). Peter Marcuse establece coma unha das súas características a reificaciónde bens, servizos, producción cultural e practicas a escala global para maximizalos beneficios financeiros. A globalización non se reduce ós aspectos económicos nin se esgota no “globalismo” (Beck ,1998).
É entón un fenómeno dominante á metade dos anos setenta. Nesta época aparece un novo enfoque do traballo sociolóxico, coma apuntaron autores como que Giddens (1990) ou Robertson (1992), quepretende analizar os evidentes cambios. O proceso non comezou coas súas declaracións, pero si que se veu modificado por elas.
Soe haber unha coincidencia en que o fenómeno da globalización ten a súa orixe máis clara no desenvolvemento tecnolóxico acelerado dende a Revolución Industrial, especialmente na súa terceira etapa, onde os avances en materia de transporte e comunicación son moisalientables. As devanditas melloras son en parte utilizados e impulsados pola Guerra. Estes avances desenvólvense de forma masiva a nivel de usuario, permitindo a interconexión case inmediata de dous lugares calquera do globo. Isto permite a circulación rápida de mercadorías, persoas e información, o que contribúe ó desenvolvemento dos sistemas de integración económica e política, que resulta máisbeneficiosa que a autarquía, e cuxa tendencia é a extensión a nivel global.
A transmisión case instantánea de información transformaraa nunha mercadoría que será explotada como tal. Esta reificaión da información será clave para o desenvolvemento dun novo modelo de sociedade, a sociedade post-industrial1, que ten como eixos o coñecemento e a información. Esta sociedade caracterízase principalmente porun auxe do sector da información, que pasa a ser a principal fonte de ingresos, e un desenvolvemento das tecnoloxías, especialmente nos eidos da xenética e da robótica. Este modelo tamén recibiu o nome de sociedade da información ou sociedade post-fordista.
A estrutura social mudou de forma parexa a estes cambios. Castells concibe a organización da sociedade a modo de rede2, de xeito que arealidade está construída por redes de información que procesan, almacenan e transmiten información sen restricións de distancia, tempo nin volume. Esta nova forma de entender o seu funcionamento basease no fenómeno da globalización, o que dará lugar a unha nova economía informacional, global e en rede.
Nesta sociedade os individuos teñen un acceso máis fácil a unha cantidade meirande de coñecemento.Esta situación modifica o tipo de relacións que teñen entre eles. Tönies3 clasifica o tipo de relacións segundo a proximidade entre os individuos. Distingue entre primarias, multifincuonais e difusas (cara a cara), características das comunidades locais, e secundarias, monofuncionais e puntuais, características das sociedades4.
Os medios de comunicación permiten a relación directa con persoase culturas moi distantes fisicamente, có que a cantidade de información que lle chega a un individuo é moitísimo maior que na etapa anterior. Así, as relacións primarias non quedan reducidas ó entorno. Porén, o desenvolvemento dun estilo de vida de tipo urbano leva a unha individualización crecente, co que as relacións tradicionais coas persoas máis próximas vense reducidas en comparación coas...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Globalizacion
  • Globalizacion
  • Globalizacion
  • La globalización
  • Globalizacion
  • Globalizacion
  • Globalización
  • Globalizacion

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS